O 6 de setembro
de 1852 xa eran múltiples os oficios que o titular do xulgado de Allariz
remitira a outros xulgados das poboacións que foran sendo citadas por Romasanta
na súa declaración. Paderne de Allariz, Ponferrada, Santander... Múltiples
foron tamén as testemuñas que se viron na obriga de pasar polo xulgado
alaricano, practicamente todo o mundo que tivo contacto con el, incluídos os
compradores de prendas que se puideron localizar.
Varias foron as
visitas a Serra de San Mamede, tanto para tratar de situar con exactitude os
feitos como na procura de restos óseos das vítimas. Nalgúns casos esas visitas
fixéronse en compaña do acusado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario