jueves, 27 de junio de 2019

Sospeitas


Ao longo dos anos irían acumulándose os rumores arredor da figura do “Manoliño” e as súas distintas “colocacións” en terras cántabras. Nos últimos tempos pasaron a ser constantes os comentarios e as sospeitas que acabarían por confirmarse coa súa desaparición definitiva daquelas terras a mediados de outubro de 1951.

·         José Gómez Edreira seica tiña unha colcha vermella, azul e verde, idéntica a que levaba Benita no seu saco de roupa. O mesmo José Gómez en setembro do 51  pasa o verán na Serra de San Mamede pastoreando o gando cando atopa unha caveira no lugar da Acebreira da Redondela. Aos poucos días atópase co seu amigo “Manoliño” a quen lle comenta o tema e este dille que se esqueza, non vaia ser que o culpen dalgún asasinato máis tendo en conta os rumores que comezaban pola zona.

·         Vírase a Romasanta polas terras de Gabín, Paredes, Mazaira e outras de Montederramo coincidindo coa viaxe que debería estar facendo coa Benita.

·         A precipitada venda das súas propiedades por parte de Antonia Rúa antes da súa marcha, precipitadamente a favor do propio “Manoliño”.

·         Unha nova, desordenada e precipitada liquidación das posesións de Josefa García: unha vaca, dous ou catro ferrados de millo, dez olas de viño...

·         Pedro Cid, cura de Rebordechao, cómpralle a Romasanta unha capa de pano cor castaña por 70 reais propiedade de José.  Seica o Tendeiro lle pagara 100 reais ao propio José debido a que esa prenda estaba desfasada nas terras cántabras.

·         Polo mesmo motivo que o anterior vendera uns panos de seda e un mandil da Josefa. Así llo explicou a súa familia. O problema foi que se soubo que tamén vendera as mesmas roupas que a Josefa levaba postas o día da súa partida.

·         O capador de San Vitorio (Allariz), un tal Pedro, pasa un día por Castro de Laza e dille a Bárbara García Blanco que Romasanta anda ofertando por aí pezas de roupa das súas irmás.

·         José García Blanco, un día de visita na casa de Romasanta veo cortar o pan cunha navalla grande con mango branco e pintas negras similar ao que tiña a súa irmá Josefa.

·         Francisco María Carballo, párroco de Castro de Laza,  pregúntalle un día polo lugar onde se atopan as irmás García Blanco. Este fálalle da localidade de Potes. O párroco porase en contacto co cura daquel lugar e nada saba este desas mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario