“Cando baixaba a
Portugal, saíndo de Regueiro, adoitaba facelo descendo polo alto do Couso até
Maceda e dirixíndome dende alí a Vilar de Barrio, logo de canea-los somontes de
San Mamede, para seguir andando, pola chaira que linda coa Lagoa de Antela.
Facíao baixo o alto voo das inacadables gueivotas. Ás veces asexábaas, pousadas
na auga, alleas ó vento e á xeada que baixaban dos montes, xusto por riba de
por onde din que aboian as campás, os tellados das casas, nunca os laios dos
seres que se debera supor que as habitan. Vía as gueivotas tan cercanas como
agora as vexo, pousadas na tona do mar, enriba da arpada oleaxe, alleas a min e
ós meus pesares.
Dende ela, dende a lagoa de Antela, adoitaba
encamiñarme a Verín e de Verín a Chaves, xa en terras portuguesas.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario