En agosto de 1843
o alguacil de León, Vicente Fernández, búscao para embargarlle a tenda, xa que
debía 600 reais ao comercio “Alonso y Sardo” de Ponferrada. O seu dono, Miguel
Sardo, seica xa fartara de fiar mercancía ao galego e puxera o asunto en mans
da xustiza. O día 21 dese mes o alguacil sae na súa procura. Ao día seguinte,
segundo a viúva de Vicente, este atopou a Manuel en Pardavé. Pero ninguén puido
confirmalo. A noite do 25 aparece o cadáver do alguacil a media legua de
Pardavé, no monte de Almagariños (entre o pobo do mesmo nome e Tremor de
Abajo), faltándolle bastantes pertenzas. Todo apuntaba a Romasanta e a súa
importante débeda. Múltiples foron as confusións arredor desa situación:
ninguén podía testificar que vira a algún dos dous, só a confesión dunha
taberneira de Brañuelas que falaba dun galego que levaba novas e caras prendas
de vestir que podían ser as que lle faltaban ao cadáver do alguacil; seica o
mesmo día 22 Romasanta presentáralle ao alcalde de Pardavé un recibo que
demostraba que a débeda xa fora satisfeita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario