“Do Xosé Vilarelle,
o meu paisano de Caldelas, dixen o que tiña que dicir. Volvín contra el a
acusación que se tiña formulado contra min. (...)
Vilarelle vestía igual ca min, é dicir, calzón
curto, calceta ou media de la branca, en corpo de camisa, un pano encarnado na
cabeza e unha manta saxoa de cabalería ó ombreiro, colgada dun pau. Así
vestido, achegárase á baiuca de María García, en Brañuelas, cando acababa de
saí-lo sol. Preguntoulle á taberneira se tiña viño e algo de comer, e ela
respondeulle que pementos e media libra de pan, dos que lle acadou dous
daqueles e algo dese xunto con medio cuartillo de viño.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario