Di Risco: “Alí
fíxose querer da xente. Primeiro serviu na casa d´Andrés Blanco e logo púxose
aparte. Fiaba, calcetaba, cardaba na lá, facía mandiques e axudaba d´outras
sortes os veciños co-as suas moitas abelencias.”
Polo tanto a súa
facilidade nas labores diarias farían que pronto fose admitido e querido entre
aqueles veciños. A súa devoción
relixiosa foi outro dos motivos que facilitou a súa integración. Xa que pronto
se fixo amigo íntimo do abade, a quen axudaba na igrexa, e en moitas ocasións
guiaba o rosario na misa. Tamén era moi caritativo, e daba frecuentes esmolas á
igrexa. A confianza nel da veciñanza era completa.
Producían centeo,
millo e castañas, que cultivaban nos soutos ao pé da serra e afumaban no
canizo para logo comelas cocidas con chourizos ou en leite. E criaban gando,
sobre todo ovellas e cabras, que pacían polo extenso monte colectivo e pola
serra. Usaban por rolda o forno comunal
e reuníanse con frecuencia en concello aberto presidido polo pedáneo
para resolver asuntos de interese comunitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario