martes, 11 de junio de 2019

Mal supuña eu


“O episodio da morte de Vicente Fernández, o alguacil de León ó que atoparon defunto en Tremor de Abaixo sendo agosto do corenta e tres, veume entón tamén á memoria. Dos efectos daquela morte lisquei a tempo, non me quedaba outro nin mellor remedio e non puideron sacarme nin unha soa palabra, pero condenáronme en rebeldía a dez anos de presidio con retención, sen prexuízo de oí-lo que tivese que dicir cando desen comigo ou ben acordara eu presentarme diante deles. (...)

 Encontráronme a min en Pardavé e ó alguacil, a Vicente Fernández, encontrárono morto en Almagariños. Eu non lle debía nada a Miguel Sardo, xa o dixen, e non me ía quedar sen o produto do meu traballo, así que non lle paguei nada ó comisionado cando mo reclamou e, co recibo que tiña comigo, que demostraba que xa aboara a miña débeda, regresei con el a Pardavé e fixen que o alcalde levantara a acta de embargo.

 Mal supuña eu que o alguacil, logo de me ter buscado e dar comigo, mentres eu me achegaba co comisionado até Pardavé, co fin de deixar resolto este asunto, se había atopar con outro tendeiro, paisano meu, que foi quen debeu matalo en pago dalgunha antiga débeda persoal, posiblemente un asunto de saias, quen o sabe; aínda que eu o sospeite, se non non o diría.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 74-75.

No hay comentarios:

Publicar un comentario