Cara os últimos
días de 1843 ou primeiros do ano seguinte chega Manuel Blanco Romasanta a
terras de Vilar de Barrio. Todo apunta a que nun intento de fuxir da xustiza, e
empezar unha nova vida afastado dos camiños que tanto lle complicara a vida nos
últimos días. Rexeita ir ao seu Esgos natal, onde probablemente o buscasen.
Primeiro parece
ser que estivo agachado unha tempada no lugar de A Hermida, onde non vivía
xente, era un lugar que empregaban os veciños para gardar o gando. Situada a 2
km de Rebordechao, nun val bañado polas augas do Arnoia (que nace na Serra de
San Mamede), cheo de pastos para alimentar o gando. Construcións dunha planta,
abaixo as cortes, e arriba os celeiros, cheos de herba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario