“O 23 de marzo de
1834 os meus restos mortais foron soterrados no adro da igrexa parroquial. O
Manuel pagou unha diñeirada polo funeral, oficiado por cinco cregos, e deixou
tamén vinte e cinco misas pagas polo eterno descanso da miña alma. Cando o
ciclo de misas acabou, non volveu pisar a igrexa nin rezar diante da miña
tumba. Finalizou así o tempo da súa felicidade, que marchou cun sopro de aire,
fussss! como a semente do mexacán.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario