Pasada unha
tempada volverá de novo á venta ambulante, primeiro polas proximidades e pouco
a pouco cada vez máis lonxe. Aínda que non
volverá ás terras de Castela e de León si irá a miúdo a Chaves, xunto a
un dos seus abastecedores anteriores. Pero sempre retornará a Rebordechao. Eran
tempos de fame e pobreza, onde o troco entre os veciños era a moeda máis
frecuente, polo que Romasanta non dubidará en volver aos camiños para tentar
facerse cun diñeiro que mellore a difícil situación económica que vivían todas as
xentes daquela época.
Alí, en
Rebordechao, pronto comezará o “Manoliño” a ter distintas relacións
sentimentais. Manuela García Blanco, natural de Castro de Laza, e Antonia Rúa,
nada en Rebordechao. A primeira nacera o
17 de decembro de 1799, case dez anos máis vella ca el, e cando se coñecen xa
conta con máis de corenta anos. Antonia nacera en xuño de 1813, catro anos máis
nova ca Romasanta, cando se coñecen apenas pasa dos trinta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario