É un veciño
alegre, vivaz, que de cando en cando marcha coa súa tenda a gañarse uns reais.
Transcorre con total normalidade a súa vida.
Os veciños
unicamente comentan que é un pouco efeminado, con certas composturas pouco
masculinas. Un home pacífico, servizal, bastante falador e moi devoto.
Pero o caso é que
en menos de cinco ou seis anos que viviu en Rebordechao, do 1945 ao 1951, foi o
autor de polo menos nove homicidios. Dous homes e sete mulleres.
Romasanta comezou
a ofrecer a algunhas veciñas do lugar a posibilidade de fuxir daquela vida
austera e marchar cara Santander, onde el lles ofrecía contactos de amos aos
que poderían servir mellorando considerablemente a súa situación e acadando
unha vida moito mellor. O propio Romasanta ofrecíase a acompañalas. E así foron
marchando varias delas cara unha nova vida da que non volverían, xa que moi
preto de alí veríase truncada de seguido.
Só cara o final
comezou a propagarse o nerviosismo e as sospeitas ao seu redor. Xa que moitas
mulleres marcharan supostamente cara Santander, pero nada se sabía delas, a
pesar de que en varias ocasións chegaba Romasanta con cartas súas que eran
lidas aos seus analfabetos familiares. As distintas “colocacións” de Romasanta
verémolas máis adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario