“Querida familia,
Á chegada
desta agardo que estean todos ben de saúde. Nosoutras moi ben, a Deus grazas.
Tanto Benita coma min estamos as dúas moi ben a traballar na casa de dous
curmáns que son sacerdotes e que miran por nós e que nos tratan con cristiá
decencia, tamén así aos nosos fillos e filla. O certo é que con Manuel veunos
Deus a ver e non imaxinades tal sorte que temos de poder comer tres veces ao
día, por veces caldo cumprido ou peixe fresco e tamén xamón curado e pan
branco, e o que é ter sempre auga limpa e dous reais para comprar un doce ou
unhas medias. Falamos moito Benita e mais eu de como desconfiabamos e que bo
tempo e bos cartiños levamos de perder entre penso e fago.
Pouco tempo máis
tardaremos en xuntar un carto proveitoso que enviarvos, por agora é mellor que
non se faga tal pero si que chegue a nosa felicidade e boa vida e moitos
cariños a través da persoa de Manuel, o noso benfeitor.
Ai, irmanciñas
queridas, que pronto nos vexamos, desta ou desoutra banda!
As vosas irmás
que vos queren
Benita e
Manuela”
No hay comentarios:
Publicar un comentario