domingo, 30 de junio de 2019

Mi mas estimada y querida hermana

“Habiendo el juez hecho escribir al Blanco cuatro renglones y acordado el confronte por medio de calígrafos, convienen en que este fué el escritor de la mencionada carta. Esta dice así en su propia ortografía:

“Junio á 22 de 1850: Mi mas estimada y querida hermana, me alegrare que al recibo de este te halle con la mas completa saluz que io para mi deseio la nuestra es buena a dios gracias para lo que deseis mandar que lo haré con mucho gusto y agrado. Me ha remetido coarenta baras de lienco delo que estoi muy agradecida que no pensé que sabia escoger lienco tan bien: tu dile que aca que salieron sesenta i me quedé io con veinte hermana mia ya está petra supliendo la plaza tuya pero ahora recogo los granos á gusto por causa queremos ir allá las dos saberaste que abemos tenido una suerte buena al juego real de treinta y dos mil reales pero Manuela parte conel ia estoy sabedora delo que paseaste y no iciste nada el estar legos todo causa me á dicho que bendieras la casa dela que doi mucho laudo pero no tengas pena ninguna que si Dios nos da saluz ia pagaré todos esos trabagos savete que ya te metió don genaro al guego real ruega á dios que te de buena suerte; tenemos entencion de ir alla por mulas dile que digo io que se puede mandar lo que le pido por el propio que sabe y sino puede mas que empeñes una tierra dale nuebe duros en cuanta nosotras imos allá y mantente firme que es muy grande combinencia yo bien mandara benir aca á Pepín conel aca pero es mui legos i se estropeia mucho por qual cabo tiene que estar allá par ir comprar y al tiempo á proposito para los Santos que se presenten aca las dos si se puede cuanto que esteamos alla cuatro dias y que traigan la medida tuya de grueso i de largo que nadie sepa que nos carteamos. Muchas espresiones de todos a echo que don genaro aguarda por ti.” No tiene firma alguna.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 20-21 da Reseña.

sábado, 29 de junio de 2019

As cartas


·         Para todas as súas “colocacións” atopaba amos ricos e bondadosos e unha  vida non demasiado dura. Ao que se sumaba o feito de que solo el coñecera a dirección onde moraban e os nomes dos seus amos. Só por el , por tanto, podían enviarlles cartas os seus familiares.

·         As cartas que el mesmo escribía, e el mesmo lía aos seus familiares. Cartas que empregaba para tranquilizar aos seus familiares e ao mesmo tempo para animalos a que tomarán o mesmo camiño. Pero sempre era el o único portador.

viernes, 28 de junio de 2019

A colcha de farrapos vermellóns

“Mágoa que se me ocorrera venderlle a Xosé Edreira a colcha de farrapos vermellóns, azuis e verdes que levaban no costal de roupa que constituía todo o seu patrimonio, e que Xosé a conservara, pois hoxe sería un dato menos. Pero as urxencias traen con elas estes excesos e a presenza de Bárbara sempre me inducía a elas. Tería sido abondo con imaxinar a Bieita tecendo a manta de farrapos na vella tecedeira de madeira, mentres soñaba as aventuras que só durarían dende Soutelo Verde até o Corgo do Boi, mágoa, que parecía soñadora e amiga de mellora-la existencia allea tanto como a propia.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 59-60

jueves, 27 de junio de 2019

Sospeitas


Ao longo dos anos irían acumulándose os rumores arredor da figura do “Manoliño” e as súas distintas “colocacións” en terras cántabras. Nos últimos tempos pasaron a ser constantes os comentarios e as sospeitas que acabarían por confirmarse coa súa desaparición definitiva daquelas terras a mediados de outubro de 1951.

·         José Gómez Edreira seica tiña unha colcha vermella, azul e verde, idéntica a que levaba Benita no seu saco de roupa. O mesmo José Gómez en setembro do 51  pasa o verán na Serra de San Mamede pastoreando o gando cando atopa unha caveira no lugar da Acebreira da Redondela. Aos poucos días atópase co seu amigo “Manoliño” a quen lle comenta o tema e este dille que se esqueza, non vaia ser que o culpen dalgún asasinato máis tendo en conta os rumores que comezaban pola zona.

·         Vírase a Romasanta polas terras de Gabín, Paredes, Mazaira e outras de Montederramo coincidindo coa viaxe que debería estar facendo coa Benita.

·         A precipitada venda das súas propiedades por parte de Antonia Rúa antes da súa marcha, precipitadamente a favor do propio “Manoliño”.

·         Unha nova, desordenada e precipitada liquidación das posesións de Josefa García: unha vaca, dous ou catro ferrados de millo, dez olas de viño...

·         Pedro Cid, cura de Rebordechao, cómpralle a Romasanta unha capa de pano cor castaña por 70 reais propiedade de José.  Seica o Tendeiro lle pagara 100 reais ao propio José debido a que esa prenda estaba desfasada nas terras cántabras.

·         Polo mesmo motivo que o anterior vendera uns panos de seda e un mandil da Josefa. Así llo explicou a súa familia. O problema foi que se soubo que tamén vendera as mesmas roupas que a Josefa levaba postas o día da súa partida.

·         O capador de San Vitorio (Allariz), un tal Pedro, pasa un día por Castro de Laza e dille a Bárbara García Blanco que Romasanta anda ofertando por aí pezas de roupa das súas irmás.

·         José García Blanco, un día de visita na casa de Romasanta veo cortar o pan cunha navalla grande con mango branco e pintas negras similar ao que tiña a súa irmá Josefa.

·         Francisco María Carballo, párroco de Castro de Laza,  pregúntalle un día polo lugar onde se atopan as irmás García Blanco. Este fálalle da localidade de Potes. O párroco porase en contacto co cura daquel lugar e nada saba este desas mulleres.

miércoles, 26 de junio de 2019

Querida familia

“Querida familia,

      Á chegada desta agardo que estean todos ben de saúde. Nosoutras moi ben, a Deus grazas. Tanto Benita coma min estamos as dúas moi ben a traballar na casa de dous curmáns que son sacerdotes e que miran por nós e que nos tratan con cristiá decencia, tamén así aos nosos fillos e filla. O certo é que con Manuel veunos Deus a ver e non imaxinades tal sorte que temos de poder comer tres veces ao día, por veces caldo cumprido ou peixe fresco e tamén xamón curado e pan branco, e o que é ter sempre auga limpa e dous reais para comprar un doce ou unhas medias. Falamos moito Benita e mais eu de como desconfiabamos e que bo tempo e bos cartiños levamos de perder entre penso e fago.

  Pouco tempo máis tardaremos en xuntar un carto proveitoso que enviarvos, por agora é mellor que non se faga tal pero si que chegue a nosa felicidade e boa vida e moitos cariños a través da persoa de Manuel, o noso benfeitor.

 Ai, irmanciñas queridas, que pronto nos vexamos, desta ou desoutra banda!

   As vosas irmás que vos queren
    Benita e Manuela”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 74

martes, 25 de junio de 2019

Coa man esquerda

“Falseei a miña propia letra, distorsionándoa, non sen gran desgusto, pois estou tan orgulloso da miña caligrafía como da miña prosodia, que sei impropia dun tendeiro pero si consecuencia da miña intelixencia e da miña dedicación, das que tan cheo de vaidade se sente o meu vello párroco e mestre. Falseei ámbalas dúas naquela oportunidade. Escribín coa man esquerda, por ver de facer aparece-la letra pouco firme e dubitativa, pero o feito de ser ambidextro non me axudou moito no meu propósito.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 61-62

lunes, 24 de junio de 2019

Tierra como la Montaña

“...y a todas tres dejara Benito ricamente acomodadas en sendas casonas de la Montaña de Santander.

 -¿Quiéresme contar la vida de la tía, que adolezco sin su compaña?- demandó Avelina.

 -Está como una reina. Tiene un vientre así.
 (...)

-Dígoos que no hay tierra como la Montaña. Por aquellas partes todo es hartura de pan de trigo y de compango. Caldo no se come, que es cosa de puercos; allí todo es avecica y confitura. Sin despreciar, cuido que, quitando la casa de don Ignacio Francisco de Deza y la de los señores Vizcondes en Vilouzás, todos los cristianos de acá debían pasarse allá. Pero es propio –añadió con aire resignado- que, perdonando la comparanza, no quiera la bestia salir de su corral. Bien se está San Pedro en Roma.”

Martínez-Barbeito, Carlos. El bosque de Ancines.  Ayma editor de Barcelona, 1947. pág. 14-15.

domingo, 23 de junio de 2019

Pola presente...

”Pola presente, nai, fágolle saber que na boa guía do Manuel cheguei a estas terras e que me vai ben aquí a vida...”

 Ramón Caride. “Otsabilko 20.51”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 23

sábado, 22 de junio de 2019

E a fame volva

“Como lle acontece á froita, no preciso punto onde golpeas un corpo, a carne –xusto despois- sabe ferruxenta. É máis mol, máis tenra, por máis que saibas que é algo falso. Que ti cometiches o golpe.

 E aínda que chores tras comela.

E a fame (e a cousa vermella) volva.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 69

viernes, 21 de junio de 2019

Rebordechao V


É un veciño alegre, vivaz, que de cando en cando marcha coa súa tenda a gañarse uns reais. Transcorre con total normalidade a súa vida.

Os veciños unicamente comentan que é un pouco efeminado, con certas composturas pouco masculinas. Un home pacífico, servizal, bastante falador e moi devoto.
Pero o caso é que en menos de cinco ou seis anos que viviu en Rebordechao, do 1945 ao 1951, foi o autor de polo menos nove homicidios. Dous homes e sete mulleres.

Romasanta comezou a ofrecer a algunhas veciñas do lugar a posibilidade de fuxir daquela vida austera e marchar cara Santander, onde el lles ofrecía contactos de amos aos que poderían servir mellorando considerablemente a súa situación e acadando unha vida moito mellor. O propio Romasanta ofrecíase a acompañalas. E así foron marchando varias delas cara unha nova vida da que non volverían, xa que moi preto de alí veríase truncada de seguido.


Só cara o final comezou a propagarse o nerviosismo e as sospeitas ao seu redor. Xa que moitas mulleres marcharan supostamente cara Santander, pero nada se sabía delas, a pesar de que en varias ocasións chegaba Romasanta con cartas súas que eran lidas aos seus analfabetos familiares. As distintas “colocacións” de Romasanta verémolas máis adiante.

jueves, 20 de junio de 2019

Rebordechao (IV)


Pasada unha tempada volverá de novo á venta ambulante, primeiro polas proximidades e pouco a pouco cada vez máis lonxe. Aínda que non  volverá ás terras de Castela e de León si irá a miúdo a Chaves, xunto a un dos seus abastecedores anteriores. Pero sempre retornará a Rebordechao. Eran tempos de fame e pobreza, onde o troco entre os veciños era a moeda máis frecuente, polo que Romasanta non dubidará en volver aos camiños para tentar facerse cun diñeiro que mellore a difícil situación económica que vivían todas as xentes daquela época.

Alí, en Rebordechao, pronto comezará o “Manoliño” a ter distintas relacións sentimentais. Manuela García Blanco, natural de Castro de Laza, e Antonia Rúa, nada en Rebordechao.  A primeira nacera o 17 de decembro de 1799, case dez anos máis vella ca el, e cando se coñecen xa conta con máis de corenta anos. Antonia nacera en xuño de 1813, catro anos máis nova ca Romasanta, cando se coñecen apenas pasa dos trinta.

miércoles, 19 de junio de 2019

Rebordechao III


Di Risco: “Alí fíxose querer da xente. Primeiro serviu na casa d´Andrés Blanco e logo púxose aparte. Fiaba, calcetaba, cardaba na lá, facía mandiques e axudaba d´outras sortes os veciños co-as suas moitas abelencias.”

Polo tanto a súa facilidade nas labores diarias farían que pronto fose admitido e querido entre aqueles veciños.  A súa devoción relixiosa foi outro dos motivos que facilitou a súa integración. Xa que pronto se fixo amigo íntimo do abade, a quen axudaba na igrexa, e en moitas ocasións guiaba o rosario na misa. Tamén era moi caritativo, e daba frecuentes esmolas á igrexa. A confianza nel da veciñanza era completa.


Producían centeo, millo e castañas, que cultivaban nos soutos ao pé da serra e afumaban no canizo para logo comelas cocidas con chourizos ou en leite. E criaban gando, sobre todo ovellas e cabras, que pacían polo extenso monte colectivo e pola serra. Usaban por rolda o forno comunal  e reuníanse con frecuencia en concello aberto presidido polo pedáneo para resolver asuntos de interese comunitario.

martes, 18 de junio de 2019

A serra tamén é un animal

“El tenme dito que a serra tamén é un animal, que ten os seus caprichos e as súas necesidades. Unha vez díxome que el lle sabía do corazón, que llo atopara un día de xolda. Eu non sei o que me quixo dicir con iso, señor. Eu sonlle unha rapaza algo brutá e Manuel coñece tan ben os escondedoiros deste mundo!”

Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. Páx. 29.

lunes, 17 de junio de 2019

O humano quincalleiro

“Así a serra de San Mamede está chea de camiños e rutas que foi trazando o humano quincalleiro e que van perpendiculares coas sendas que trazaron os lobos para enganar e atacar. De aí o medo e as batidas, pero xa hai tempo que non se achegan a carne e a gadoupa.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 39

domingo, 16 de junio de 2019

Rebordechao II

O “Tendeiro” non trae grandes bens: unhas varas de lenzo, unhas libras de la, sete libras de liño espadado, quizais algún diñeiro e o cabalo para transportar a tenda, que non tardará en vender.


Cando tivo a suficiente confianza para volver a relacionarse coas xentes decide instalarase no
 veciño pobo de Rebordechao, que se agacha nunha ladeira, entre as abas da Serra de San Mamede.

sábado, 15 de junio de 2019

Na parroquia

“Vivían na parroquia unhas corenta familias, en casas cubertas de lousa, concentradas case todas nunha única entidade de poboación, o que non é habitual en Galicia. Producían centeo, millo e castañas, que cultivaban nos soutos ao pé da serra e afumaban no canizo para logo comelas cocidas con chourizos ou en leite. E criaban gando, sobre todo ovellas e cabras, que pacían polo extenso monte colectivo e pola serra. Usaban por rolda o forno comunal e reuníanse con frecuencia en concello aberto presidido polo pedáneo para resolver asuntos de interese comunitario.”

   Mariño Ferro, Xosé Ramón. Manuel/a Branco Romasanta, o lobishome asasino.  Ed. Nigratrea, Vigo-2007. Páxs. 27.

viernes, 14 de junio de 2019

Rebordechao I


Cara os últimos días de 1843 ou primeiros do ano seguinte chega Manuel Blanco Romasanta a terras de Vilar de Barrio. Todo apunta a que nun intento de fuxir da xustiza, e empezar unha nova vida afastado dos camiños que tanto lle complicara a vida nos últimos días. Rexeita ir ao seu Esgos natal, onde probablemente o buscasen.

Primeiro parece ser que estivo agachado unha tempada no lugar de A Hermida, onde non vivía xente, era un lugar que empregaban os veciños para gardar o gando. Situada a 2 km de Rebordechao, nun val bañado polas augas do Arnoia (que nace na Serra de San Mamede), cheo de pastos para alimentar o gando. Construcións dunha planta, abaixo as cortes, e arriba os celeiros, cheos de herba.

jueves, 13 de junio de 2019

Mas Rebordechao é o Olimpo

“Mas Rebordechao é o Olimpo. Dalí apenas se sai com destino ao paraíso.”

Carlos Carvalheira, “O ermitao do paraíso” en Contos do Sacaúntos. Romasanta, o reo. Dr. Alveiros / Urco editora. 2017. páx.15

miércoles, 12 de junio de 2019

El calzón corto sobre la piel desnuda

“Caíale el calzón corto sobre la pierna desnuda y calzaba borceguíes solados de palo; bajo el chaleco de bayeta la mugrienta camisa de lienzo de Padrón, entreabierta sobre el torso, dejaba asomar algunos hirsutos pelos; de los hombros le colgaba una manta parduzca que sujetaba con las manos a la altura del vientre y que, lejos de ceñir su silueta, la perfilaba grotescamente por encubrir, a más del cuerpo, un gran zurrón  colgado a la espalda como una corcova y otro más pequeño en bandolera, en los cuales traía aparejados mercancía y ajuar. Una montera que en tiempos había sido negra y tenía ahora los siete colores del prisma, bien que muy borrosos bajo la costra de humedad y polvo, completaba el atuendo del buhonero.”

Martínez-Barbeito, Carlos. El bosque de Ancines.  Ayma editor de Barcelona, 1947. pág. 7.

martes, 11 de junio de 2019

Mal supuña eu


“O episodio da morte de Vicente Fernández, o alguacil de León ó que atoparon defunto en Tremor de Abaixo sendo agosto do corenta e tres, veume entón tamén á memoria. Dos efectos daquela morte lisquei a tempo, non me quedaba outro nin mellor remedio e non puideron sacarme nin unha soa palabra, pero condenáronme en rebeldía a dez anos de presidio con retención, sen prexuízo de oí-lo que tivese que dicir cando desen comigo ou ben acordara eu presentarme diante deles. (...)

 Encontráronme a min en Pardavé e ó alguacil, a Vicente Fernández, encontrárono morto en Almagariños. Eu non lle debía nada a Miguel Sardo, xa o dixen, e non me ía quedar sen o produto do meu traballo, así que non lle paguei nada ó comisionado cando mo reclamou e, co recibo que tiña comigo, que demostraba que xa aboara a miña débeda, regresei con el a Pardavé e fixen que o alcalde levantara a acta de embargo.

 Mal supuña eu que o alguacil, logo de me ter buscado e dar comigo, mentres eu me achegaba co comisionado até Pardavé, co fin de deixar resolto este asunto, se había atopar con outro tendeiro, paisano meu, que foi quen debeu matalo en pago dalgunha antiga débeda persoal, posiblemente un asunto de saias, quen o sabe; aínda que eu o sospeite, se non non o diría.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 74-75.

lunes, 10 de junio de 2019

León III


Pese a falta de probas, e ante a ausencia de outros posibles culpables e motivos, o 10 de outubro de 1844 –case catorce meses despois- o Xulgado de Primeira Instancia de Ponferrada condenaba a Blanco a dez anos de presidio. O 3 de decembro dese mesmo ano a Audiencia de Valladolid confirmaba o auto. Pero ninguén sabía de Manuel Blanco Romasanta desde había tempo, xa que estivera desaparecido durante todo o proceso xudicial. Daquela xa se agochara na súa terra, novamente. No xuízo de Allariz negara ter cometido tal crime. A súa chegada a Rebordechao comentaralle a varias persoas que o motivo que o levaron ata alí foi agocharse dunha falsa acusación de asasinato duna alguacil nas terras de León. Parece non ter nada que ocultar, aínda que si ocultarse el da xustiza.

domingo, 9 de junio de 2019

Pementos e media libra de pan

“Do Xosé Vilarelle, o meu paisano de Caldelas, dixen o que tiña que dicir. Volvín contra el a acusación que se tiña formulado contra min. (...)

 Vilarelle vestía igual ca min, é dicir, calzón curto, calceta ou media de la branca, en corpo de camisa, un pano encarnado na cabeza e unha manta saxoa de cabalería ó ombreiro, colgada dun pau. Así vestido, achegárase á baiuca de María García, en Brañuelas, cando acababa de saí-lo sol. Preguntoulle á taberneira se tiña viño e algo de comer, e ela respondeulle que pementos e media libra de pan, dos que lle acadou dous daqueles e algo dese xunto con medio cuartillo de viño.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 77.

sábado, 8 de junio de 2019

León II


En agosto de 1843 o alguacil de León, Vicente Fernández, búscao para embargarlle a tenda, xa que debía 600 reais ao comercio “Alonso y Sardo” de Ponferrada. O seu dono, Miguel Sardo, seica xa fartara de fiar mercancía ao galego e puxera o asunto en mans da xustiza. O día 21 dese mes o alguacil sae na súa procura. Ao día seguinte, segundo a viúva de Vicente, este atopou a Manuel en Pardavé. Pero ninguén puido confirmalo. A noite do 25 aparece o cadáver do alguacil a media legua de Pardavé, no monte de Almagariños (entre o pobo do mesmo nome e Tremor de Abajo), faltándolle bastantes pertenzas. Todo apuntaba a Romasanta e a súa importante débeda. Múltiples foron as confusións arredor desa situación: ninguén podía testificar que vira a algún dos dous, só a confesión dunha taberneira de Brañuelas que falaba dun galego que levaba novas e caras prendas de vestir que podían ser as que lle faltaban ao cadáver do alguacil; seica o mesmo día 22 Romasanta presentáralle ao alcalde de Pardavé un recibo que demostraba que a débeda xa fora satisfeita.

viernes, 7 de junio de 2019

Un alguacil por algo así?

“Catalina lembraba que Manuel comentara algo sobre aquela débeda. Blanco Romasanta mandara o seu irmán co diñeiro para facer o pago. Como puidera matar entón un alguacil por algo así? A resposta tamén lla forneceu o pomposo avogado. Ao parecer, Vicente Fernández fixera unhas pescudas, que logo acabaron saíndo nas actas do xuízo e que inducían a pensar que o tal Blanco puidera asasinar tamén a outro vendedor ambulante chamado Manuel Ferreiro de Xinzo da Costa, así como un par de mozas nos arredores de San Martiño. Segundo as evidencias presentadas ante o xuíz, en todos os casos Manuel Blanco estivo no lugar en que se atopaban as vítimas o día ou os días próximos ás súas mortes.”

Rosillo, José.  “A muller do capitán González” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. Páx. 69.

jueves, 6 de junio de 2019

Querido Manuel

“Querido Manuel,

 Hai xa tres meses da túa última visita e non volvín ter máis que escasas novas de ti a través dalgunha xente coa que te cruzaches polos camiños e logo veu contarme. Cada vez que regresas á túa terra perdo o eco dos teus pasos e a esperanza de que volvas. Igual que me pasa tantas veces. Supoño que haberá abondo que ou quen te reteña, aí, pero as últimas veces sempre acabaches por vir cabo de min e a iso me aferro. Pero a xente fala, a xente pregunta e eu tamén pregunto, Manuel, que agardar deste noso momento. Se hei de dar palabra ou deixala libre para quen ma pida porque para isto o tempo xoga na miña contra. Só quero saber se ti has de volver e cumprir co que prometiches ou pola contra seguirás a calquera outra máis nova do que son eu. O tempo que me pode quedar xa é menos do que levo vivido, por iso cada día máis é para min un día menos e non estou para adiviñas, agardas ou promesas. Só desexo saber se a esquerda do meu leito aínda che pertence e cando volverás para marcalo. Busco palabra definitiva, e esta é si ou non.
 Túa,
Catalina."

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 107

miércoles, 5 de junio de 2019

León I


No ano 1843 temos novas noticias de Manuel Blanco Romasanta.

Recorre as vilas de León cunha tenda ambulante. Sabemos que se hospedou na casa de Gabriel Canseco, xornaleiro pobre de Matallana.

Aparece con frecuencia por Pardavé, corenta quilómetros ao norte da cidade de León.

En Cubillas dálle palabra de matrimonio a Catalina Fernández, dezaoito anos maior ca el, que vivía co seu irmán, o párroco, e coa súa nai. Finalmente non se produciu o casamento. En Pardavé comentábase que ao desaparecer de alí marchara con roupas e o cabalo de Catalina. Ela no xuízo negouno. Anos máis tarde, no 1851, Catalina escribiríalle unha carta a Romasanta na que lle pedía aclarase os seus sentimentos e intencións. O día que o arrestaron en Nombela, en 1852, gardaba a carta entre as súas escasas pertenzas.

Como a semente do mexacán

“O 23 de marzo de 1834 os meus restos mortais foron soterrados no adro da igrexa parroquial. O Manuel pagou unha diñeirada polo funeral, oficiado por cinco cregos, e deixou tamén vinte e cinco misas pagas polo eterno descanso da miña alma. Cando o ciclo de misas acabou, non volveu pisar a igrexa nin rezar diante da miña tumba. Finalizou así o tempo da súa felicidade, que marchou cun sopro de aire, fussss! como a semente do mexacán.”

Xesús Constela, Antonio Manuel Fraga e Mariña Pérez Rei; “Algunhas aproximacións á hipnose no caso Romasanta” en Contos do Sacaúntos. Romasanta e as mulleres. Dr. Alveiros / Urco editora. Compostela. Páx. 26.

martes, 4 de junio de 2019

Alleas a min e ós meus pesares

“Cando baixaba a Portugal, saíndo de Regueiro, adoitaba facelo descendo polo alto do Couso até Maceda e dirixíndome dende alí a Vilar de Barrio, logo de canea-los somontes de San Mamede, para seguir andando, pola chaira que linda coa Lagoa de Antela. Facíao baixo o alto voo das inacadables gueivotas. Ás veces asexábaas, pousadas na auga, alleas ó vento e á xeada que baixaban dos montes, xusto por riba de por onde din que aboian as campás, os tellados das casas, nunca os laios dos seres que se debera supor que as habitan. Vía as gueivotas tan cercanas como agora as vexo, pousadas na tona do mar, enriba da arpada oleaxe, alleas a min e ós meus pesares.

 Dende ela, dende a lagoa de Antela, adoitaba encamiñarme a Verín e de Verín a Chaves, xa en terras portuguesas.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 36-37

lunes, 3 de junio de 2019

El procesado dice

“El procesado dice: que aunque andubo en compañía de dicho Ferreiro, es incierto hubiese pedido su ropa ni que se la hubiesen dado: que se separaron cerca de Braganza, sin que le hubiese visto mas ni hubiese sabido de su paradero.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 29 da Reseña.

domingo, 2 de junio de 2019

Maceda II


Cando se fixeron públicas as sospeitas de que Manuel Branco, o home do unto, asasinara a varias mulleres coas que viaxaba, a esposa de Manuel Ferreiro denunciou a desaparición do seu marido porque gardaba analoxía cos casos de Rebordechau.

Non sabemos nada máis de Romasanta ata agosto de 1843, cando percorre as vilas de León cunha tenda ambulante, hospedado en casas como a de Gabriel Canseco, xornaleiro pobre de Matallana.”

sábado, 1 de junio de 2019

Maceda I


Xosé Ramón Mariño danos conta dos anos inmediatos á morte de Francisca:

“En 1834, ano en que quedou viúvo, Manuel Blanco, de vinte e catro anos, gáñase a vida por Maceda cunha tenda ambulante. Tamén se ofrece como xastre, outros dos seus múltiples oficios. Faille un pantalón a un tal Manuel Ferreiro, vendedor de panos comprados en Portugal e veciño de Xinzo da Costa, aldea de Vilardecás-Maceda. Poucas semanas despois atópanse na Limia e marchan xuntos cara a Chaves.

Catro ou cinco meses despois de marchar con Manuel Ferreiro a Portugal Romasanta volve só pola casa do seu compañeiro de viaxe. Dilles á muller e á irmá que, de parte do Manuel, lle dean a roupa que lle deixara na casa, para levarlla. A muller entrégalle unha camisa, nove calzóns, unha chaqueta, un chaleco e un pantalón, todo por un valor de douscentos a trescentos reais. Manuel Ferreiro non regresou nunca ao seu domicilio, onde o agardaron a muller, a irmá e os tres fillos ata que o tempo lles matou a esperanza.