"Do primeiro a penas sabe o que todo o mundo comenta, que nos primeiros días do alzamento matou a varias persoas na parte de Xinzo, entre elas a un viaxante do comercio, dique só para quitarlle unhas botas de coiro de cana alta que levaba. Ó inspector Ferreiro coñéceo algo mellor: foi el quen o veu avisar de que o administrador das terras de Sabucedo andaba en malos pasos, ademais de que ten estado de visita na casa, unhas veces por encargo do gobernador civil, outras para facerlle preguntas sobre espiritismo, que é a paixón deste home. O manco Tejada foi compañeiro seu no Instituto, cando eran rapaces."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 18.
No hay comentarios:
Publicar un comentario