"Do protagonismo do comandante Eloi foron testemuñas moitos dos curiosos que se xuntaron nos arredores cando se escoitaron os disparos e a xente empezou a correr cara ás proximidades do cuartel. Aínda que máis de cen soldados estaban situados na rúa que desemboca por detrás do depósito da auga e no camiño que pasa por diante do cemiterio, para impedir que ninguén se achegase ó escenario dos sucesos, houbo persoas que foron dar a volta pola estrada de Trives e apareceron pola traseira do camposanto, subidas no alto do muro de pedra que o rodea."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 16.
No hay comentarios:
Publicar un comentario