"Debruzado sobre o peitoril, preguntoulle a unha señora que pasaba correndo cun neno nos brazos, pero a muller ía tan nerviosa e asustada que con toda seguridade non escoitou a pregunta e tampouco respondeu. Contestoulle en cambio, sen ser preguntado, o carboeiro, que baixaba co carro de deixar unha carga no Hospital. Dixo que algo tiña que estar sucedendo no cuartel ou nos arredores, pois ademais dos tiros, el oíra, cando atravesaba por debaixo da ponte do ferrocarril, berros e voces que pedían rendición, pero que non sabía nada máis, aínda que as explosións eran sen dúbida das bombas que na guerra chamaban de laffite, que el coñecía ben polas moitas que tirara na fronte de Teruel."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 14-15.
No hay comentarios:
Publicar un comentario