"Na folla seguinte, situada na parte superior da dereita, hai unha foto de Mary Pickford e debaixo dela, recadrada en negro, como se fose unha esquela mortuoria, o anuncio de que mañá, ás dez e media da noite, no Salón Artesonado do Liceo poñen a película titulada Rosita, a cantante vagamunda. Foi sempre a súa actriz favorita. Ela recordaba moi ben cando viron xuntos A vila solitaria no barracón de madeira do cine Barbagelatta, hai xa tempo, o mesmo día que el facía vintese anos."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 19-20.
No hay comentarios:
Publicar un comentario