"Nin o frío intenso que se sente desde onte á noite, cando empezou a soprar o norte, nin as escasas nubes brancas que se albiscan desde hai un par de horas por riba do monte de Ervedelo puideron constituír para el ningunha sorpresa que non prevera ó vestirse. Levaba o abrigo azul, a bufanda gris de la que adoita poñer cando sae a pasear a media tarde, os zapatos castaños de piso de sola e o sombreiro negro. Atravesou a estreita rúa de vagar e torceu á dereita debaixo do balcón da casa dela, xusto no ángulo onde cada mañá o perde de vista. Logo seguiu en dirección ó Parque."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 9.
No hay comentarios:
Publicar un comentario