miércoles, 22 de noviembre de 2017

Empezaron a tremer as casas

"Onte pola mañá, cando se escoitaron os primeiros tiros e empezaron a tremer as casas co estrondo das bombas de man, que se sentían tan próximas que parecía que estouraban no portal, el levantou os ollos do folio que estaba escribindo e asomouse á ventá. As primeiras miradas de desconcerto dirixiunas en dirección ó Parque, pero pronto percibiu, orientado pola procedencia do ruído das explosións, que estas viñan de máis arrib, aínda que probablemente non podía imaxinar que viñeran do cuartel."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 14.

No hay comentarios:

Publicar un comentario