"En Deus sentado nun sillón azul (1996), Casares, facendo uso da memoria histórica, recupera os tempos da preguerra e posguerra civil española, así coma os tempos do nacemento do nazismo; todo iso narrado pola muller que mira pola xanela e que nos descobre a vida dese Deus, protagonista da obra. Un home que despois dunha vida dedicada a xustificar a actitude dos fortes fronte á debilidade dos pequenos, adopta no sillón azul unha postura que reflicte o seu estado de degradación anímica.
O autor afonda neste personaxe. Relátanos a súa vida desde o presente e preséntanos esa figura deteriorada, encorvada, para describirnos a través da mirada e a evocación dela, a súa traxectoria tanto existencial coma intelectual. Desde esta perspectiva a obra ofrece a posibilidade de somerxernos na psicoloxía do personaxe e indagar no antagonismo desta figura tan distante e, ao mesmo tempo, tan humana."
Carmen Mejía, "Carlos Casares, o artesán da palabra", na revista Raigame, nº 40, maio de 2017, páx. 23.
No hay comentarios:
Publicar un comentario