Nesta novela de Alfredo Conde,
escrita en galego, todos os nomes, tanto das persoas como dos lugares, son
fieis á realidade da historia de Manuel Blanco Romasanta. Aparece narrada en
primeira persoa como unhas memorias apócrifas do asasino, un ser intelixente e
racional, con certa afección á lectura, que vai relatando os feitos cunha liña
cronolóxica ficticia, na procura dun interese literario.
Ocupará un papel
importante o proceso xudicial, onde a figura de Bárbara, irmá das García
Blanco, será elemento acusatorio constante. Remata a novela coa esperanza por
parte de Romasanta de poder saír algún día do cárcere no que se atopa.
A primeira
edición data de abril de 2004 e foi publicada por Sotelo Blanco na colección
Medusa.
Case
simultaneamente saíu unha edición en castelán na Colección Áncora y Delfín, co
número 994, na editorial Destino.
Capa 2004. Ed. Sotelo Blanco. |
Capa da edición castelán en Destino. |
Ademais o libro
foi traducido a distintos idiomas como o ruso –no mesmo 2004- ou o inglés
(tradución de Roy Boland), sendo publicado en Sidney (Australia) no 2006
(Antípodas Monographs) co título: “Romasanta, the uncertain memoirs of a
Galician wolfman”.
Edición rusa. |
Páxina en ruso. |
Edición australiana. |
Referencias en
prensa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario