viernes, 28 de febrero de 2020

“O canto da Peeira” de Andrea Barreira Freije.


Primeiro tratamento literario do problema da identidade sexual de Romasanta. Trata o tema das lobismulleres e das “peeiras”, lobas que dirixen as mandas de lobas, en dous eixes cronolóxicos: a historia dunha peeira na actualidade, e, por outra banda, a partir dunha serie de cartas, a historia de Romasanta e as súas supostas vítimas, desvelando o verdadeiro destino final destas.


“Atrás quedan as lambedelas nas que cada pupila gustativa saboreou a súa suor. Podía sentir na súa pelaxe o respirar de cada poro, como fluía o sangue nas súas veas, o tam tam do seu corazón. Estaba nas súas gadoupas, podería devoralo se quixer. A saliva coábase entre os beizos. Entre os bicos. Mais contivo as ansias de máis. O reloxo sempre corre en contra dela.
 Agora xa é tarde. Ultimamente na casa non fan máis que recriminarlle a súa impuntualidade. “As nenas non deben andar soas a esas horas”. As nenas non debemos vagar soas ao saír a lúa, non vaia ser que unha mal fada nos pape. (...)
 -Mirádea: unha loba lobiña loba.
 E Moira sorrí con orgullo, ensinando os seus cairos e bule cara á saída onde a esperan as outras. Despois de tanto ouvir falar de lobas, raposas e outras mamíferas, Moira decide hibernar. Nin o luar máis vermello paga todas as bágoas.”

Andrea Barreira Freije. “O canto da Peeira”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 31-33.



No hay comentarios:

Publicar un comentario