Fotografía de Emilio Araúxo. Páxs. 8-9. |
“Non é noutro sitio senón nesta máscara onde
se ofrece a nós o segredo do desexo,
e con el o segredo de toda nobreza.”
(Lacan, J. Ecrits).
O aviñado de palabras.
Debaixo da máscara.
Os felinos como tótem
Na mitra.
A risa carniceira.
A morte como emblema.
Baleiro dos ollos
Miradas severas
Na ausencia de toda mirada.
Os dentes brancos para tronzarvos.
Os bigotes negros para engañarvos.
As meixelas vermellas para pareceren.
E despois o Avó.
Que avanza, ausente, soñador,
Acicalado co branco do tempo
Entre os Felos e o Vello
As miradas nin sequera se cruzan.
Uns vixían
O outro medita.
Unha cruzada?
Duns cara ó outro?
Dun cara ós outros?
Nunha repercusión infinita
Quen devora quen?
Foi dito
Felo.
Falar.
Joseph Attié. “Felo”. Páxs. 5-6. Ed.
Amastra-n-gallar. Santiago de
Compostela, 2007. Edición non venal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario