lunes, 10 de febrero de 2020

El bosque de Ancines.1947. (I)


El bosque de Ancines, escrita en castelán por Carlos Martínez Barbeito, amósanos unha visión decimonónica de Galicia a partir da recreación literaria da historia de Manuel Blanco Romasanta. Mantense a esencia da historia aínda que non trata de reproducila fielmente. O personaxe pasa a chamarse Benito Freire, e ás mulleres que asasina tamén lle serán modificados os nomes reais (Avelina de Souto, as súas fillas Virtúdes e Teresa, Manuela Rey –alias Riquitina-, a señorita doña Francisca Nieto...). Tampouco se respectan os nomes dos lugares da historia real, cunha preferencia por unha toponimia coruñesa: Sta María de Viduido (Ames), Soandres (Laracha), Tabeayo (Carral), Brandomil (Zas), Meicendo e Sergude (Boqueixón)... O lugar onde son asasinadas é o bosque de Ancines. Está narrada en terceira persoa. O home-lobo será xulgado e finalmente condenado a pena capital polos seus crimes.







No hay comentarios:

Publicar un comentario