Os medos infantís vistos desde a perspectiva moderna dos videoxogos, cun
especial protagonismo para algúns personaxes da mitoloxía popular galega, como
o chuchasangues ou o sacaúntos.
“Agora son o Sacaúntos na procura dun
meniño de pel branca e aspecto saudábel que han pagar a bo prezo. Procurarei
entre os rapazolos que gardan o gado nos montes. Vou buscar un que teña a pel
branca e os ollos azuis da cor do ceo abrente. Que teña uns ollos tan nidios
como este ceo transparente sen nubes –por que é tan azul e transparente o
ceo?-. Vouno buscar cos rabaños das ovellas. Entre os que chegaron aos
pasteiros da montaña nestes días, vidos das terras baixas. Atopareino nun
outeiro verdecido onde estea un rapaz só, coidando das ovellas co seu can. Un
can bravo. (...) Recoñéceme: son o Sacaúntos, e levo o seu terror dentro
miña, a súa fin nos meus ollos. Fítame como un año ao lobo. Entende. Sen
remisión. Vouno acoitelar, e deseguida esfolalo para lle tirar os untos, que
han ser santo remedio contra a tise e hannos pagar ben pagos. Sacareille os
untos aquí mesmo, baixo deste ceo azul e transparente –por que están as nubes
paradas?- Heinos pór nun frasco, os untos de meniño novo, sanciño e ben
colorado, para facer remedios con eles. Remedios milagrosos.”
Ramón Caride. “Otsabilko 20.51”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos.
Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 16-18
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario