sábado, 29 de febrero de 2020

Todos os 29 de febreiro...

"En la parroquia de San Verísimo de Espiñeiros, en Allariz, se estuvo diciendo una misa por el alma del hombre lobo todos los 29 de febrero, o sea en cada año bisiesto, hasta que se perdió la costumbre con la guerra civil. La campana de San Verísimo de Espiñeiros es tan noble y agradecida que toca a gloria cuando le da el sol, la gente que no lo sabe se confunde.”


Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Pág. 91.

Hoxe, 29 de febreiro, de ano bisiesto, recuperamos este fragmento de Cela.

viernes, 28 de febrero de 2020

“O canto da Peeira” de Andrea Barreira Freije.


Primeiro tratamento literario do problema da identidade sexual de Romasanta. Trata o tema das lobismulleres e das “peeiras”, lobas que dirixen as mandas de lobas, en dous eixes cronolóxicos: a historia dunha peeira na actualidade, e, por outra banda, a partir dunha serie de cartas, a historia de Romasanta e as súas supostas vítimas, desvelando o verdadeiro destino final destas.


“Atrás quedan as lambedelas nas que cada pupila gustativa saboreou a súa suor. Podía sentir na súa pelaxe o respirar de cada poro, como fluía o sangue nas súas veas, o tam tam do seu corazón. Estaba nas súas gadoupas, podería devoralo se quixer. A saliva coábase entre os beizos. Entre os bicos. Mais contivo as ansias de máis. O reloxo sempre corre en contra dela.
 Agora xa é tarde. Ultimamente na casa non fan máis que recriminarlle a súa impuntualidade. “As nenas non deben andar soas a esas horas”. As nenas non debemos vagar soas ao saír a lúa, non vaia ser que unha mal fada nos pape. (...)
 -Mirádea: unha loba lobiña loba.
 E Moira sorrí con orgullo, ensinando os seus cairos e bule cara á saída onde a esperan as outras. Despois de tanto ouvir falar de lobas, raposas e outras mamíferas, Moira decide hibernar. Nin o luar máis vermello paga todas as bágoas.”

Andrea Barreira Freije. “O canto da Peeira”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 31-33.



jueves, 27 de febrero de 2020

“Otsabilko 20.51” de Ramón Caride


Os medos infantís vistos desde a perspectiva moderna dos videoxogos, cun especial protagonismo para algúns personaxes da mitoloxía popular galega, como o chuchasangues ou o sacaúntos.


“Agora son o Sacaúntos na procura dun meniño de pel branca e aspecto saudábel que han pagar a bo prezo. Procurarei entre os rapazolos que gardan o gado nos montes. Vou buscar un que teña a pel branca e os ollos azuis da cor do ceo abrente. Que teña uns ollos tan nidios como este ceo transparente sen nubes –por que é tan azul e transparente o ceo?-. Vouno buscar cos rabaños das ovellas. Entre os que chegaron aos pasteiros da montaña nestes días, vidos das terras baixas. Atopareino nun outeiro verdecido onde estea un rapaz só, coidando das ovellas co seu can. Un can bravo. (...) Recoñéceme: son o Sacaúntos, e levo o seu terror dentro miña, a súa fin nos meus ollos. Fítame como un año ao lobo. Entende. Sen remisión. Vouno acoitelar, e deseguida esfolalo para lle tirar os untos, que han ser santo remedio contra a tise e hannos pagar ben pagos. Sacareille os untos aquí mesmo, baixo deste ceo azul e transparente –por que están as nubes paradas?- Heinos pór nun frasco, os untos de meniño novo, sanciño e ben colorado, para facer remedios con eles. Remedios milagrosos.”

Ramón Caride. “Otsabilko 20.51”. En V.V.A.A. Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. Urco editora. 2016. páxs. 16-18


miércoles, 26 de febrero de 2020

Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal. 2016.


A partir das sextas xornadas, no ano 2016, sobre Manuel Blanco Romasanta organizadas pola Fundación Vicente Risco e celebradas en Allariz, os organizadores en colaboración con Urco editora presentan unha compilación de contos de diferentes autores nos que actualizan o mito de Romasanta desde distintas perspectivas: no 2016 como criminal, no 2017 como reo, no 2018 relacionado coas mulleres e no 2019 como vagabundo. Agardemos teña continuidade durante moitos anos esta iniciativa que enriquece a literatura arredor de Manuel Blanco.

Capa do libro. Urco editora, 2016.


martes, 25 de febrero de 2020

"Lentitude"


LENTITUDE

e se, precisamente, o pensamento poético
non fose máis ca o pensamento do rodeo, da
contorna,
polo seu xustificado medo a queimarse,
présa do lume central
desta interminábel espera?
O libro das marxes III, edmond jabès

están.
a actitude corresponde
aos séculos. a iluminación,
ao cristal. agochan
friaxe, escavan, non se trata
de resistir senón de andar.
dependen
e transportan: material,
intempestivamente.
operan arredor da dificultade
de dicir, estenden un
xogo de panos, botan
por fóra: contra qué,
cales son as ferramentas, quén
é que tece as máscaras,
ónde o centro do poder: ese gris
que racha a norma de non falar
de cores no poema. desenvolven
as calidades da auga.
están.

(...) aquilo sobre o que cómpre preguntarse:
escribir un poema na braña,
un poema dentro da pedra: non disimular a
carga:
un poema entremetido na humidade:
cuberto de couselos, de carriza:
practicamente asolagado: interrogativo (...)
de teoría, d.s.


Daniel Salgado. “Lentitude”. Páxs. 7-8. Ed. Amastra-n-gallar. Santiago de Compostela, 2007. Edición non venal. 

domingo, 23 de febrero de 2020

"Felo"

Fotografía de Emilio Araúxo. Páxs. 8-9.


“Non é noutro sitio senón nesta máscara onde se ofrece a nós o segredo do desexo, 
e con el o segredo de toda nobreza.” (Lacan, J. Ecrits).

O aviñado de palabras.
Debaixo da máscara.

Os felinos como tótem
Na mitra.

A risa carniceira.
A morte como emblema.
Baleiro dos ollos
Miradas severas
Na ausencia de toda mirada.
Os dentes brancos para tronzarvos.
Os bigotes negros para engañarvos.

As meixelas vermellas para pareceren.

E despois o Avó.
Que avanza, ausente, soñador,
Acicalado co branco do tempo

Entre os Felos e o Vello
As miradas nin sequera se cruzan.

Uns vixían
O outro medita.

Unha cruzada?
Duns cara ó outro?
Dun cara ós outros?

Nunha repercusión  infinita
Quen devora quen?

Foi dito
Felo.

Falar.

Joseph Attié. “Felo”. Páxs. 5-6. Ed. Amastra-n-gallar. Santiago de
 Compostela, 2007. Edición non venal. 


sábado, 22 de febrero de 2020

viernes, 21 de febrero de 2020

O lobo a lúa


Para Felipe

Polas mañás elas alisaron os panos e axudáronnos
a prendelos. O can tivo que ficar no cuarto contiguo.
Elas alisaron as camisas.

        En ruta, vólvese
                                    os dentes,
cicelados co coitelo máis pequeno. Pecha os ollos
coas pestanas acariñando as meixelas vermellas

Ou os ollos abertos

                                                               berrou tamén
              eco en todo o val          Un lindeiro
                                                       desprázase un pouco

*
O lobo fala co can:

A lúa é un camiño a outro mundo.
O negro é a condición para que volva a luz.

O meu portador sabe que non se pode fiar de min, do
lobo Felipe.

*
O can quedou durmido detrás da reixa.
O lobo oulea cara unha lúa incrible na noite
chea de estrelas.

Helena Eriksson. "O lobo a lúa". Páxs. 7-8. Ed. Amastra-n-gallar. Santiago de Compostela, 2015. Edición non venal. 

jueves, 20 de febrero de 2020

Romasanta, la leyenda del hombre lobo. 2015.


Novela de José Rosillo que inicialmente publicouse na plataforma Bubok, pero desde 2016 véndese en Amazon. Extensísima novela en castelán na que se relata pormenorizadamente toda a historia de Manuel Blanco Romasanta.

 Escrita durante máis de tres anos o seu autor foi realizando paralelamente unha serie de debuxos relacionadas coa historia que foi publicando, en parte, desde o principio no seu blog.


miércoles, 19 de febrero de 2020

O Home dos Queixos

“E agora cóntame o do Home do Unto –insistinlle ao avó mentres collía un dos panos vellos que el usa para facer queixo e me limpaba os beizos manchados de leite.

 -Non habería outro sitio onde limpar, meu porquiño?

 -Veña, avó, conta, conta... Quen era o Home do Unto?

 -Éche unha historia de vellos.

 -Ti es vello. Cóntama.

 -Es ben teimudo, neno. Pero será mellor que cha conte eu para que non che metan medo con ela.

Medo! Aquilo poñíase interesante. Acomodeime nun tallo para escoitar mellor, mentres o vello comezaba a lle botar ao caldeiro de leite unhas pingas de callo e o deixaba en repouso.

 -A ver... a cousa foiche así: hai máis de cen anos un home asasinou a varias mulleres e nenos preto de aquí. Coido que eran dez ou doce. Iso é todo. Un asasino.

 -E non era de aquí?

 -Non. Viviu aquí, pero el viñera de lonxe. Disque engana ás súas vítimas facéndolles crer que lles conseguira traballo fóra. Levábaas unha a unha, e no medio do monte, polo camiño que vai de aquí a Montederramo...

martes, 18 de febrero de 2020

Contos de vellas

“-Esta era a aldea do Home do Unto, non era? –preguntou o Kevin a duras penas.

 -A miña avoa sempre me di que se non me porto ben e deixo de comer lambetadas vaime levar o Home do Unto que vive en Rebordechao. Ela di que canto máis gordo estea eu, máis antes vai vir por min.

 -Contos de vellas.”

Riveiro, Breogán. Tonecho de Rebordechao. Ed. Galaxia, coleción árbore, nº 139. 4ª edición, 2008, páxs. 62

lunes, 17 de febrero de 2020

Que alucine!

“A avoa estaba de bo xorne. Sempre está de bo humor cando recibe visitas na casa. Eu aproveitei para lle preguntar:

 -Avoa: que era iso do Home do Unto?

Ela mirou para min, de súpeto nerviosa.

 -De onde sacaches ti iso?

 -Oínlle algo ao Kevin.

Ela negou coa cabeza:

 -Ese cativo...! Non lle deberían contar estas cousas! Troulas, neno, nada de nada. Anda vaille axudar ao teu avó.  (...)

 -Mándate a avoa? Iso é que algo andabas a enredar na casa –riu o vello-. Que facías?

 -Nada, só lle preguntei polo Home do Unto. (...)

 -Preguntácheslle polo Home do Unto e de seguro que a avoa se puxo tan nerviosa como a Pantoja, fóra a alma –riu-. Sonche contos de vellas, neno.

 -Iso mesmo dixo ela.

O avó acomodouse no pequeno tallo que usaba cando muxía e comezou a me explicar:

 -O Home do Unto foi un criminal que viviu en tempos, hai máis dun século, nesta aldea. Un asasino, un delincuente.

 -Que alucine! Un asasino de Rebordechao!

 -Non, non. El non era da aldea, el viñera de lonxe, doutro lugar, non sei de onde. El tiña andado por moitas partes. Era un moinante que viaxaba dun lugar a outro, pero seica parou aquí varios anos.”

Riveiro, Breogán. Tonecho de Rebordechao. Ed. Galaxia, coleción árbore, nº 139. 4ª edición, 2008, páxs. 63-65

domingo, 16 de febrero de 2020

Tonecho de Rebordechao. 2005.


Novela para cativos de Breogán Riveiro que supón un canto á vida rural protagonizado por Tonecho, que nacido na urbe vese na obriga de marchar a vivir a Rebordechao onde o mundo é completamente distinto ao que el coñecera. Nesta aldea, onde Romasanta vivía mentres cometeu os seu crimes, a súa historia forma parte secundaria na trama como personaxe que amedrenta aos cativos. Deste xeito a historia de Romasanta entra, literariamente, no imaxinario infantil.

Ed. Galaxia, colección Árbore, nº 139. Premio Raíña Lupa 2004.


sábado, 15 de febrero de 2020

Romasanta. Memorias incertas do home lobo. 2004.


Nesta novela de Alfredo Conde, escrita en galego, todos os nomes, tanto das persoas como dos lugares, son fieis á realidade da historia de Manuel Blanco Romasanta. Aparece narrada en primeira persoa como unhas memorias apócrifas do asasino, un ser intelixente e racional, con certa afección á lectura, que vai relatando os feitos cunha liña cronolóxica ficticia, na procura dun interese literario. 

Ocupará un papel importante o proceso xudicial, onde a figura de Bárbara, irmá das García Blanco, será elemento acusatorio constante. Remata a novela coa esperanza por parte de Romasanta de poder saír algún día do cárcere no que se atopa.

A primeira edición data de abril de 2004 e foi publicada por Sotelo Blanco na colección Medusa.

Case simultaneamente saíu unha edición en castelán na Colección Áncora y Delfín, co número 994, na editorial Destino.

Capa 2004. Ed. Sotelo Blanco.

Capa da edición castelán en Destino.

viernes, 14 de febrero de 2020

Madera de Boj. 1999.


O Premio Nobel galego Camilo José Cela andaba a escribir este libro alá polo 1998 cando recibiu a noticia de que lle fora concedido o maior galardón literario das letras. Esta novela sitúase na Costa da Morte galega e recolle as voces, as historias, de tantos personaxes que viviron e morreron por aquelas terras.

Pese a trasladar o fío narrativo cara o mar aparece, de novo, unha referencia a historia de Manuel Blanco Romasanta, do que se di ser parente unha muller chamada Socorro. Estamos no capítulo III, “Doña Onofre la Zurda”.


“...Manuel Blanco Romasanta el hombre lobo de Rebordechao en las montañas de Allariz era pariente de don Socorro, decía a las mozas que las llevaba a servir a Castilla en buenas casas y después las mataba a mordiscos, entre Paraisás y Pena Folenche, a un lado y al otro de Pobla de Trives, una joven muy ávida de carne fue maldita por su madre, ¡inda te volvas lobo pra que te fartes!, y se convirtió en lobo, le llamaban o lobo da xente.
 -¿Y no la loba?
 -No, porque nadie sabía que era mujer.
A la doncella la salvó un galán que guardaba un sequeiro de castañas, le quemó la piel de lobo y después se casó con ella, las mujeres no suelen convertirse en lobo, don Sadurniño Losada no sabía de ninguna más, pero todo esto tiene poca relación con lo que aquí se dice, un buen mantón de Manila vale mucho dinero.”

Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Madera de boj. Ed. Espasa-Calpe.1999. 4ª edición. páx. 202


Ed. Espasa-Calpe. 1999.

jueves, 13 de febrero de 2020

Mazurca para dos muertos. 1983.


Escrito por Camilo José Cela, é un libro cheo de música, de lirismo, un canto á Galicia rural e interior, cheo de voces e anécdotas, á que non podía faltar a historia do sacaúntos, que máis de corenta anos antes lle derá a coñecer Martínez-Barbeito. Nuns poucos parágrafos, que salpican non máis de catro páxinas, resume Cela a historia de Blanco Romasanta.


“El sacaúntos andaba con dos valencianos, don Jenaro y don Antonio, que también tiraban a lobo cuando perdían el sentido; de esto hace ya muchos años, cien o más, pero por aquí todo el mundo lo sabe. El sacaúntos mató a trece bocados, nueve mujeres y cuatro hombres. Una noche en que la luna lo echó a lobo mató a Manueliña García, mujer con la que tenía un hijo, Rosendiño, al que también mató...”

 Camilo José Cela (Premio Nobel de Literatura 1989). Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Págs. 73.

1ª edición. Seix Barral. 1983.

miércoles, 12 de febrero de 2020

El bosque de Ancines. 1947. (III)


O avó de Carlos Martínez-Barbeito era amigo de Manuel Rúa Figueroa, avogado defensor no proceso da Coruña e responsable da publicación da “Reseña de la causa contra…” no ano 1859. Este envioulle no seu día un exemplar da “Reseña de la causa contra…”, con dedicatoria autógrafa. Este exemplar pode consultarse hoxe en día na Biblioteca da Fundación Barrié de la Maza, na Coruña, onde está depositada toda a Biblioteca de Carlos Martínez-Barbeito. Tamén se pode ver alí o guión da película “El bosque del lobo”, baseada no libro de Martínez-Barbeito, escrito por Pedro Olea e Juan Antonio Porto. Ese exemplar cae nas mans do neto, Carlos, quen daquela aínda non tiña aspiracións de ser novelista. Estamos pouco despois da publicación de “La familia de Pascual Duarte”, de Camilo José Cela, que logo definiría o movemento “tremendista”. Carlos ofrécelle o libro da “Reseña de la causa contra…” ao seu amigo Cela porque consideraba que aí podía haber interesante materia prima para outra obra “de sangre, horror y muerte”, en palabras do propio Martínez-Barbeito. Poucos días despois devólvelle o exemplar Cela dicindo que o estivo lendo pero que non se animaba co proxecto. Sería o propio Carlos quen pouco despois intentaría a aventura escribindo “El bosque de Ancines”. Sen embargo algunha pegada deixou no que se convertería en Premio Nobel xa que aludiría a Romasanta en dúas novelas posteriores, aínda que de xeito breve: “Mazurca para dos muertos” e “Madera de Boj”.

martes, 11 de febrero de 2020

El bosque de Ancines. 1947. (II)

Finalista do Premio Nadal en 1944, na súa primeira edición, (ano no que gaña Nada de Carmen Laforet) publícase en 1947 na editorial Ayma de Barcelona . Reeditada en 1966 pola editorial Destino, e en 1998 traducida ao galego por Manoel Riveiro Loureriro, e publicada en Laiovento. Existe outra edición en castelán que data de 2004 na colección “Biblioteca Gallega de Autores en castellano” da Voz de Galicia, nº 15.


Capa 1947. Editorial Ayma.

Capa 1966. Ed. Destino.

Capa 1998. Ed. Laiovento. Versión en galego.

Capa 2004. La Voz de Galicia.

Capa edición descoñecida.

lunes, 10 de febrero de 2020

El bosque de Ancines.1947. (I)


El bosque de Ancines, escrita en castelán por Carlos Martínez Barbeito, amósanos unha visión decimonónica de Galicia a partir da recreación literaria da historia de Manuel Blanco Romasanta. Mantense a esencia da historia aínda que non trata de reproducila fielmente. O personaxe pasa a chamarse Benito Freire, e ás mulleres que asasina tamén lle serán modificados os nomes reais (Avelina de Souto, as súas fillas Virtúdes e Teresa, Manuela Rey –alias Riquitina-, a señorita doña Francisca Nieto...). Tampouco se respectan os nomes dos lugares da historia real, cunha preferencia por unha toponimia coruñesa: Sta María de Viduido (Ames), Soandres (Laracha), Tabeayo (Carral), Brandomil (Zas), Meicendo e Sergude (Boqueixón)... O lugar onde son asasinadas é o bosque de Ancines. Está narrada en terceira persoa. O home-lobo será xulgado e finalmente condenado a pena capital polos seus crimes.







domingo, 9 de febrero de 2020

Prego de cordel (XI)


Existe unha versión dalgúns fragmentos deste Romance cantadas por Pancho Álvarez ao estilo dos romances de cego. Foi interpretada nas primeiras xornadas Romasanta celebradas en Allariz entre o 29 e o 31 de outubro de 2011.

Pódese escoitar no seguinte enlace: Pancho Álvarez


Versión das coplas ilustradas por Francisco Paradelo para as primeiras xornadas Romasanta

sábado, 8 de febrero de 2020

Prego de cordel (X)


En treinta años que ha llevado
encima esta maldicion,
dice en su declaracion,
otras muertes que ha causado,
su conciencia ha descargado;
al calabozo le meten,
ya es evidente su muerte,
pues asi Dios lo ha querido,
que pague este maldecido
las víctimas inocentes.

En este año presente
que cuenta el cincuenta y tres,
en el mes de junio, el juez
á un enemigo tan fuerte,
la ley le aplica de muerte;
todos asi lo esperaban,
que sus crímenes pagara,
que este vino á ejecutar
en contra la humanidad.
¡Oh qué maldicion tan rara!

Es propiedad de Eugenio Bahamontes.
Madrid:=1853
Imprenta de D. José María Marés, calle de Relatores, número 17.

En “Romasanta, el hombre lobo de Allariz” de Félix Francisco Castro Vicente, en Hibris: Revista de bibliofilia, nº 42, Alcoi-Alicante, 2007, págs. 29-32.



viernes, 7 de febrero de 2020

Prego de cordel (IX)


El juez llama al acusado
y le toma indagatoria,
este con feliz memoria
sus hechos ha declarado;
á Galicia le han mandado,
al juzgado de Allariz,
que es donde debe sufrir
el castigo merecido,
pues esta tierra ha sufrido
de infamias no tiene fin.

Este juez con mucha calma
le principia á preguntar,
y este se pone á cantar
como el pájaro en la rama;
sereno y con voz muy clara,
su confesion la seguia;
en ella al juez le decia,
cuando á alguno muerte daba,
la ropa se la guardaba
para venderla otro dia.

jueves, 6 de febrero de 2020

Prego de cordel (VIII)


Aquesta indómita fiera,
con el nombre de tendero
y las entrañas de acero,
se pasea por la tierra;
sesta vez va á hacer la guerra
en la Sierra de Alvar, un dia,
á un pastorcito cogia,
al momento le ha matado,
esta fiera se ha cebado,
su apetito asi queria.

De Galicia se ha salido,
á Castilla se venía
con otros en compañía;
en esta no le ha valido,
de Escalona, en su partido,
que es provincia de Toledo,
alli sus tres compañeros
le acusan de criminal,
y principia á declarar,
donde lo cargan de hierro.

miércoles, 5 de febrero de 2020

Prego de cordel (VII)


La Sierra de San Mamed
ya no quiere dar abrigo
á este infernal enemigo,
de alli se marcha Manuel
con aquella idea cruel
iba dando desconsuelos;
á la orilla de Fornelos
á una anciana se comia,
da disgustos cada dia
á padres, hijos y abuelos.

La divina Providencia
no lo quiere descubrir,
conformarnos y sufrir
llevándolo con paciencia;
no quedará sin sentencia
ni tampoco sin castigo,
que nuestro Dios es testigo
y su premio le dará,
y en él un dia se verá
que se le acabe el abrigo.

martes, 4 de febrero de 2020

Prego de cordel (VI)

Tú, Sierra de San Mamed,
que esta fiera te ha escogido
para que seas abrigo
de tan cruel proceder;
ábrete y trágatele,
que no lave mas sus manos
en la sangre de cristianos,
que aun piensa en derramar,
acaba de consolar
á tus vecinos humanos.

Pasa el tiempo, y cuarta vez
aun no queda satisfecho
aquel inhumano pecho
de carne humana comer;
sus lazos vuelve á estender,
á Benita y á su hijo engaña,
de San Mamed, en su montaña,
en su horrible matadero,
se convierte en lobo fiero
y su apetito le baña.