sábado, 31 de agosto de 2019

Allariz (V)


O 6 de outubro de 1852 a sala terceira da Audiencia da Coruña, con autoridade sobre os xulgados das catro provincias galegas, decide unificar o proceso en Allariz, para evitar rivalidades entre os distintos xuíces e posibles retrasos na instrución da causa. Elíxese a vila alaricana por ser a pertencente ao lugar de nacemento do acusado e da maior parte das vítimas.

Ao día seguinte, 7 de outubro, envían ao reo de Verín a Allariz, custodiado pola garda civil. Permanecerá moi vixiado no cárcere da vila, situado nun dos extremos do piso baixo da casa do concello.

No cárcere de Allariz, según conta Vicente Risco a partir de testemuñas orais, o Canicha entretiña o tempo fiando, vestido cunha muradana e coa cabeza cuberta cun pano, que accedía a erguer por unha moeda de dous cartos e mostraba o rostro aos curiosos.

viernes, 30 de agosto de 2019

Lycan Foundation


O caso de Manuel Blanco Romasanta segue a atraer os misterios en pleno século XXI. No ano 2009 unha Fundación americana, a Lycan Foundation, supostamente da Universidade de Michigan, divulga mediante internet (http://sacamanteigas.blogspot.com/), facéndose eco da noticia a prensa, a noticia de ter atopados os restos de dúas vítimas de Romasanta. Todo resultou un fraude. Os responsables desta noticia non foron identificados, aínda que demostraron coñecer perfectamente a historia do lobishome e os lugares polos que transcorreu a súa historia.

jueves, 29 de agosto de 2019

Poblada de fieras carnívoras

“Tambien, Sr. Exmo, se ha hecho gran caudal de unos huesos humanos hallados en la sierra de San Mamed: imposible parece que un hecho tan trivial haya venido á figurar en la causa y como cargo contra el acusado: hallar huesos humanos en la sierra de San Mamed, la mas fragosa de Galicia, poblada de fieras carnívoras, es poco menos que hallarlos en un osario.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 185 da Reseña.

miércoles, 28 de agosto de 2019

¡ai, se me volvese lobo!


Risco tamén conta unha anécdota relacionada cun recoñecemento nun dos lugares dos crimes, cando un escribán se meteu con el ao que o Tendeiro respondeu ameazante: “¡ai, se me volvese lobo!”. Entón o xuíz seica colleu unha pistola e apuntándoo dixo: “¡Pois anda, atrévete a volverte lobo!”, ao que o preso dixo: “¡ai señor, se me volvese lobo non habería bala que me matase!”.

martes, 27 de agosto de 2019

Aquel oso espido

“Mesmo foi pulsado por un médico cando recolleu na zona do crime un óso dunha das súas supostas vítimas e o seu corazón bombeou ao mesmo ritmo que antes. Tocou aquel óso espido coas súas propias mans. Recolleuno do chan dun sitio que sabía con exactitude. Volveuna tocar, á súa vítima, a quen fose, coa tranquilidade e friaxe de quen recolle un garabullo no monte para non pisalo.

  Algúns dos expertos vomitou nun aparte, outros inquietáronse ante tanto frío vido dun só corpo e de semellante tamaño como este home ten. Varios corvos saíron voando como balazos negros. Instalouse en todos nós un silencio e unha anguria que coido que levaremos dentro para sempre. Só queda que podreza na cadea cos seus recordos, aínda que haxa quen o defenda.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 98-99

lunes, 26 de agosto de 2019

Fracturado el esplefenoides

“Los facultativos que la reconocieron, dijeron que la faltaba la mayor parte del coronal y los huesos que forman el rostro, fracturado el esplefenoides, y en algunos puntos de él faltoso de sustancia. La forma, volumen, grosor y estado de osificación, les hacen calcular como probable que el cráneo era de muger, y como cierto que pasaba de la pubertad. Por lo fracturado de ellos y por sus relaciones entre sí, no pueden juzgar si en vida hubo ó no violencia de ninguna clase.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 16 da Reseña.

domingo, 25 de agosto de 2019

Allariz (IV)


O 27 de setembro nun recoñecemento da Serra de San Mamede por parte dos titulares do xulgado de Trives atopan restos dun cranio no lugar de Malladavella da Redondela, onde o acusado dixera ter asasinado a Manuela, Petra e María Rúa. Nunha primeira impresión aos médicos parécelles poida ser de muller adulta.

sábado, 24 de agosto de 2019

30 cm en la pubiusquiática

“y efectivamente se hallé entre la yerva, inmediato al referido regato, un hueso que el mismo reo alzó del suelo y entregó a los facultativos, los cuales aseguraron ser el hueso innominado derecho de una muger adulta. (...) todos declararon que es de la cadera del lado derecho, de la cresta del íleon á la tuberosidad esquiótica; tiene ocho pulgadas cincuenta y seis céntimos (pié de Burgos), unas seis de latitud en su mayor anchura, y cuatro, treinta céntimos en la pubiusquiática: el agujero sub pubiano es triangular. De la cresta del ileon, falta todo un tercio desde la espina anterior, en cuyo tránsito se observa magullada la sustancia compacta; falta también el borde articular del pubis, y su rama transversa presenta el borde inferior oblícuo y cortante. Este hueso es de color gris súcio, y en su tercio inferior verdoso: mirado atentamente se le observan delineados filamentos que salen de su sustancia y flotan en las caras libres, que no son más que vasos disecados.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 17-18 da Reseña.

viernes, 23 de agosto de 2019

Unha fenda fonda

“O lugar chámase Corgo do Boi. Un corgo é unha fenda fonda, un tallo de terra polo que ocasionalmente baixa a auga dun torrente, pero tamén unha pequena cavidade, unha oquidade habida en calquera pedra na se almacenou a auga da choiva antes de que se xeara e ó facelo fendese a rocha. O Corgo do Boi é exactamente unha depresión pola que ás veces baixa, impetuosa, a auga dun torrente, tamén o paso dos lobos oufanos, os máis feros da manda. Cando a auga baixa e copa a súa parte máis fonda, o camiño máis estreito de todo o Corgo do Boi, os lobos vadean este e logo crúzano, coa aparente e fráxil axilidade dos seus corpos, non de todo esveltos, sempre de cuartos traseiros esvaradíos, sempre a cabeza enorme, como se lles pesara, pero as patas veloces e donas dunha potencia estraña, pois son elas as que lles permiten cruzar saltando, de pedra en pedra, con aparente donidade.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 69

jueves, 22 de agosto de 2019

Allariz (III)


Por exemplo, o 13 de setembro, en Rebordechao, coincidindo cun rastrexo pola serra, será a primeira confesión do “Tendeiro” diante do xuíz de Allariz (segunda confesión xa arrestado en Galicia). O día anterior, no Corgo do Boi, o propio Romasanta atopa un óso da cadeira, que parece ser de muller, e que el mesmo entrega. Sempre manifestou moita colaboración, tanto nas declaracións como nas visitas aos distintos lugares dos supostos asasinatos.

miércoles, 21 de agosto de 2019

Na procura dos seus cazadeiros

“Acabei despezando a Petronila e ciscando os seus restos nos lugares que tan ben coñezo, logo de tantos anos de transitar por eles. Trátase de lugares, ocultos nas máis das oportunidades, inaccesibles en non poucas delas, que son paso certo dos lobos que se desprazan a través deles, tódalas noites, na procura dos seus cazadeiros. Sabía que, ó ser encontrados por eles, os lobos farían desaparecer os restos de Petra, devorándoos sen deixar apenas rastro. Logo continuei o meu camiño. Debo recoñecer que unha vez máis me posuíu unha calma estraña.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 54

martes, 20 de agosto de 2019

Na voz de Rafael Cassette

Rafael Casette interpreta o mesmo texto anterior na presentación do libro “La piel del asesino” de Elena Merino. 9m 26sg.

lunes, 19 de agosto de 2019

Allariz (II)


O 6 de setembro de 1852 xa eran múltiples os oficios que o titular do xulgado de Allariz remitira a outros xulgados das poboacións que foran sendo citadas por Romasanta na súa declaración. Paderne de Allariz, Ponferrada, Santander... Múltiples foron tamén as testemuñas que se viron na obriga de pasar polo xulgado alaricano, practicamente todo o mundo que tivo contacto con el, incluídos os compradores de prendas que se puideron localizar.

Varias foron as visitas a Serra de San Mamede, tanto para tratar de situar con exactitude os feitos como na procura de restos óseos das vítimas. Nalgúns casos esas visitas fixéronse en compaña do acusado.

domingo, 18 de agosto de 2019

Na voz de Pedro Quirós

“Elena en el país de los horrores”.  Interesante dramatización na voz de Pedro Quirós narrando a confesión de Romasanta ante o xuíz. 7m 56sg.


sábado, 17 de agosto de 2019

E di vostede?

“E di vostede que é falso o nome de Antón Gómez e que se chama en realidade Manuel Blanco Romasanta, veciño de Esgos, partido xudicial de Allariz?

 E di vostede que deu morte a catro mulleres cos seus fillos e fillas, sendo en total nove persoas as que asasinou?

 E di vostede que hai máis que estas nove persoas e que todo o fixo baixo a fame de lobo que lle trouxo a fada coa que foi maldito e que fixo todo isto na compaña de máis lobos?

 E di vostede que nos amosará o lugar e os restos dos crimes e que se declarará culpable?”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 88

viernes, 16 de agosto de 2019

Allariz (I)


As declaracións de Verín déronlle moita sona ao caso, do que se encargou a prensa como xa vimos, e abriu un  proceso xudicial complicado e traballoso para o xulgado de Allariz, que se atopa daquela na rúa do Portelo” (Pazo do Xulgado, actual Centro Social onde está o Museo do Xoguete).

Todo comezara o 28 de agosto de 1852 cando se reciban no xulgado de Allariz as dilixencias remitidas polo Gobernador Civil de Ourense.

O 3 de setembro o xuíz de primeira instancia de Allariz, o maxistrado Quintín Mosquera, reclámalle o preso ao xuíz de Verín para interrogalo.

jueves, 15 de agosto de 2019

Allariz era unha pequena vila provinciana

“Allariz era unha pequena vila provinciana, dunhas catrocentas casas, construídas en pedra labrada, con planta baixa e andar. No pavimento das rúas, de pedra, deixaran pegada os cravos das lamias dos carros. Contaba con tres curtidoiros, seis tendas de alimentación, tres tendas de panos e de quincalla, tres confeiterías con toda clase de doces e en especial améndoas bañadas e anises, tres mesóns e doce tabernas. Ademais dos comerciantes, vivían vinte e un labradores, vinte e cinco xornaleiros, oito curtidores de peles, corenta zapateiros, dous chocolateiros, trece arrieiros e traficantes, quince carpinteiros, dez xastres, catro canteiros, catro ferreiros, varios panadeiros e barbeiros, vinte e un eclesiásticos, tres sancristáns, trece empregados públicos, sete avogados, tres médicos, dous cirurxiáns, tres albeites, dous mestres, dúas mestras, un pintor e dezasete pobres de solemnidade.”

   Mariño Ferro, Xosé Ramón. Manuel/a Branco Romasanta, o lobishome asasino. Ed. Nigratrea, Vigo-2007. Páxs. 82.

miércoles, 14 de agosto de 2019

A prensa


O novo xiro que pegou o caso cando o “Tendeiro” asume a súa verdadeira identidade e relata múltiples pormenores  fixo que pronto a prensa galega, e pouco despois a nacional comezaran a facerse eco do proceso xudicial.

O 5 de setembro de 1852 o “Eco de la Revista” da Coruña detallaba o caso nun artigo que titulaba “Proceso inaudito”.

O 9 de setembro de 1852 “El Faro Nacional” de Madrid recolle a noticia. Este mesmo xornal o 11 de xuño de 1853 volverá sobre o caso, canda xa se trasladara a Coruña o xuízo.

martes, 13 de agosto de 2019

O Proceso Xudicial a mediados do século XIX


Naquela época os procesos xudiciais non incluían vista oral con presenza de testemuñas nin interrogatorios por parte da defensa e do acusador. Dirixidos só polo xuíz, quen interrogaba ao acusado e decidía as testemuñas. Recollíase todo por escrito, do que se encargaba un escribán que copiaba as preguntas e as respostas dos presentes, e cada certo tempo, facía un resumo dos feitos máis salientables. Cando o xuíz consideraba ter o material suficiente redactaba o resumo final. Decidíase o día da vista oral, deixándolle previamente estudar o material redactado tanto ao fiscal como ao avogado defensor para que presentasen alegacións, tamén por escrito.

Neste caso, ao principio traballan tres xuíces distintos, o de Verín, desde o 25 de agosto; o de Allariz desde o 1 de setembro; e o de Pobra de Trives. En principio cada un encargábase das testemuñas do seu partido xudicial, aínda que os tres realizaron investigacións nas zonas dos outros. 

Os xuíces dedican varios meses a recoller testemuños dos familiares das vítimas e de todo o mundo que tivo contacto con Romasanta, ademais de recoller información dos costumes e hábitos do preso entre a xente próxima. Ademais solicítaselle  a varios facultativos unha análise física e moral detallada do procesado.

Romasanta foi xulgado polo Código Penal de 1848 coas reformas introducidas en 1850. Doutra banda a lexislación procesal recollíase na Novísima Recopilación, editada a principios do século XIX e que tomaba como base as Sete Partidas medievais de Alfonso X el Sabio.

lunes, 12 de agosto de 2019

No los ha vuelto á ver

“que desde que se separó de Antonio y D. Genaro en Febrero de 1852 en el Valle de Couso, no los ha vuelto á ver, ni le dijeron adonde se dirigian...”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 4 da Reseña.

domingo, 11 de agosto de 2019

Boletín Oficial de Santander


Un xiro desconcertante nas súas declaracións de Verín fará que se abra “causa” contra el. O alcalde de Laza, Demetrio Opazo, foi o encargado de buscar algún dato das desaparecidas, das que non puido obter ningunha información, nin rastros dos seus corpos, polo que o 17 de agosto dese mesmo ano dá por rematadas as súas investigacións. O 14 de agosto faise unha solicitude para que se publique no Boletín Oficial de Santander un anuncio reclamando información sobre todos os desaparecidos. Aparece no Boletín nº 112 do 20 de setembro de 1852. Chama a atención que se solicite información tamén de Antonia e Peregrina xa que Romasanta dixera que estas marcharan a Ourense, non a Santander.




 Boletín Oficial de Santander.

Tamén na Gaceta do 11 de novembro dese mesmo ano encargarase á xustiza do reino procuren indagar a residencia das persoas desaparecidas.


Toda a documentación é remitida ao Gobernador Civil de Ourense quen insta a D. Francisco Gómez, alcalde e xuíz de Allariz, a que tamén el inicie dilixencia dese caso.

sábado, 10 de agosto de 2019

Vehementes deseos

“le consta que sus acciones criminales eran efecto de la maldicion de que va hecho mérito, porque una vez en el valle de Couso* en la Sierra, se encontró con dos lobos y se volvió lobo tambien, y anduvo con ellos cuatro o cinco dias, volviendo al cabo á tomar todos la forma de personas, y entonces fué cuando conoció á D. Genaro y Antonio, quienes le dijeron que hacia tiempo tenian aquella desgracia; cuyo hecho convenció al deponente de que era víctima de una maldición, como ha espresado, y porque hacia ya unos seis meses que tenia vehementes deseos de asesinar al que se le presentase...”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 7-8 da Reseña.

*Couso: no concello de Viana do Bolo.

viernes, 9 de agosto de 2019

Los tres en lobo

“que para ejecutar estos asesinatos no se valian de arma alguna; pues por efecto de la maldicion, se convertian los tres en lobos, desnudándose primero y revolcándose en el suelo, y despues de tomar dicha forma, acometian y devoraban á cualquiera, como lo hicieron con las referidas y sus hijos, quedando unicamente los huesos; las ropas las aprovechaban algunas veces, cuando servian, y toda la de las espresadas la aprovecharon, vendiéndola despues, sin que recuerde á quien: Que unas veces volvian á tomar luego la forma humana, y otras andaban ocho dias; pero á lo menos en dos conservaban la de los animales dañinos espresados...”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 6-7 da Reseña.

jueves, 8 de agosto de 2019

Enzoufándome na lama

“Espinme e, cando me souben nu, con toda a calma escondín as miñas roupas embaixo dunhas xestas. Logo descubrín unha lameira no medio do camiño e dirixinme a ela. Gustábame sentirme espido. Non berraba, nin acenaba, limitándome a asexa-lo chan, até que descubrín nel as pegadas dunhas pisadas que decontado souben testemuña do paso dos dous lobos que se me apareceran non había moito. Nese momento sentinme atraído  cara á lameira e envorqueime nela, deitándome de costas, antes de me virar a rebolos para que a lama aínda húmida por causa da choiva dos últimos días fora recubrindo o meu corpo.

 (...) Continuei enzoufándome na lama e nun dos meus xiros pareceume ver como me outeaban os dous lobos dende había un anaco, pero non lles fixen caso e continuei solazándome na lameira. Até que de súpeto me vin correndo, lixeiro, desposuído de toda gravidade, a carón dos dous lobos. Corrín con eles...”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 84-85.

miércoles, 7 de agosto de 2019

Até o día de San Pedro

“Logo, coa testa lixeiramente ladeada, nun baixo ton de voz, pero temesiña e cautelosamente, como se coa miña actitude andara a agardar polo enmudecido eco que espertarían as miñas palabras, afirmei que dende trece anos antes, é dicir, dende que me botara ós camiños e até o día de san Pedro do 1852, por efecto da maldición dalgún dos meus pais, que non sabería se sería dos meus pais, da miña sogra ou se de alguén máis, quizais tamén polo feito de se-lo sétimo irmán varón dos nove habidos polo meu pai, trouxera unha vida errante, cometendo diversos asasinatos ós que non puiden nin souben subtraerme porque a maldición me compelía a realizalos. ¡Como chorei confesando as miñas coitas! ¡Como me estremecín cando afirmei que concluía as miñas fazañas alimentándome coa carne das miñas vítimas!”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 80-81.

martes, 6 de agosto de 2019

Envorcallándonos

“Logo andabamos á fame de días até que repartiamos –ou non- as presas. Remataba todo igual que comezara, envorcallándonos polo chan e recuperando os nosos corpos e a roupa, aló ciscada de calquera maneira, que ás veces nin con ela dabamos. E todo era chorar polo mal cometido e ti, Antonio e ti, Genaro, porque viades que a loba que vos andou na fura de diante non era tal femia cando volvía recuperar o humano corpo. E houbo días e días desta perdición entre nosoutros tres.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 102

lunes, 5 de agosto de 2019

Antonio e don Genaro

“...que eu e mais outros dous homes que son de nome Antonio e don Genaro e que non volvín ver desde aqueles tempos, estabamos maldicidos pola fada dos lobos e mudabamos o corpo coa fame e a xenreira porque se nos metía a cobiza da carne polos furados do nariz e se nos arrichaba o sexo como se houbese animais que vivisen dentro e fóra de nosoutros e podiamos andar á xaneira e con fame por días pares e até máis de dez e facer pequenas matanzas en grupo, que é o que fan os lobos.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 66

domingo, 4 de agosto de 2019

Declaración de Romasanta.

Declaración Romasanta. Programa Ángulo 13. Duración: 1m 27sg.

“Ángulo 13”. Onda Cero. Onda 7 Tenerife. Programa Nº 100. Presentado por Juanca Romero. 2/3/2012. Sección “Zona Alpha”. 

sábado, 3 de agosto de 2019

Andan a chamar por min

“Hai unha manda deles. Podo cheiralos. Non son moitos pero prenden os seus cheiros caninos nas follas que fican á altura dos seus sexos. Mexan creando un regueiro que dura segundos en estado líquido pero que prende na cortiza das árbores ás que se arriman e na terra que pisan e así marcan o territorio acoutado. Son dous, ou tres como moito, e son adultos. Saben o que fan e andan a chamar por min e a buscarme.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 60

viernes, 2 de agosto de 2019

Una maldición

“fué para ocultar su verdadero nombre y vencindad; pues desde trece años hasta el día de San Pedro de 1852, por efecto de una maldición de alguno de sus parientes, que no sabe si sería de sus padres, suegra, ó quien de los demás, ha traido una vida errante y criminal, cometiendo diferentes asesinatos, y alimentándose de la carne de las víctimas, unas veces solo, otra con dos sugetos que solian asociársele...”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 5-6 da Reseña.

jueves, 1 de agosto de 2019

A fada: o día de San Pedro de 1852


Implica tamén nestas mortes a dous homes valencianos: don Genaro e Antonio, dos que nunca nada se saberá. Xustifica as morte debido a que se transforma en lobo por culpa dunha “fada” que lle botara algún familiar directo trece anos antes, e que afortunadamente viña de desaparecerlle o día de San Pedro de 1852 (29 de xuño). Precisar que en ningún momento se lle deu credibilidade por parte dos responsables das investigacións a esta xustificación por parte do acusado. O que podía xerar algunha dúbida entre os incultos veciños dos pobos nin por asomo foi barallada  polos avogados, fiscais e xuíces. Tan só nos meses finais do proceso na Coruña abriuse algunha posibilidade a unha enfermidade psiquiátrica que puidese estar na raíz desa crenza do Tendeiro de terse convertido en “home-lobo”.