"Estes días debe estar recordando unha parte da súa vida. Nos artigos publicados na última semana aparecen referencias frecuentes ós anos da nenez, especialmente ós veráns de Sabucedo; ou comentarios relacionados cos seus tempos na Universidade, escritos nun ton atemperado e suave, sen que se traduza neles aquela arrogancia con que falaba e actuaba entón; ou alusións ás horas vividas na Casa Grande do Miño, cando ía ver a Mariana. (...) O nome de Mariana escóndese baixo a ficción dunha tal Luísa, a Casa Grande do Miño aparece transformada nunha residencia de campo, en terras do Ulla."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 207-208.
No hay comentarios:
Publicar un comentario