"Está claro que se trata dunha resposta ós mozos da Brigada Amanecer que organizaron a protesta o día da concentración no Parque. A dous deles, Domingo Enríquez Losada e Benxamín Alonso Pascual, considerados responsables do disparo que feriu ó fillo do capitán Lastra, prendéronos o sábado pola mañá, cando aínda non saíran das súas casas. O pai do primeiro deles, o capitán Enríquez, presentouse no Goberno Civil a pedir explicacións, e pola tarde, no local que os da Brigada teñen na Rúa de Colón houbo varias xuntanzas, durante as cales se cantaron himnos e se deron berros."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 246-247.
No hay comentarios:
Publicar un comentario