"Durante todo o día, pola Rúa do Hospital houbo un tránsito constante de vehículos e de xente. O gobernador civil pasou dúas veces no coche e o coronel Enríquez, acompañado por un pequeno grupo de oficiais, estivo parado no cruce do Parque, mirando o reloxo seguido, ata que chegou un turismo e saíron en dirección ó barrio da Ponte. Volveron media hora despois para dirixirse ata o Hospital, onde permaneceron durante máis de unha hora."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 247.
No hay comentarios:
Publicar un comentario