"Na refrega houbo sete feridos, entre eles o fillo pequeno do capitán Lastra, que tivo que ser trasladado ó Hospital en ambulancia. Aínda que o periódico falou dun incidente sen importancia, provocado por un grupo de mozos bébedos, parece que o rapaz ferido ten un tiro no pulmón esquerdo e que os médicos dubidan que se poida salvar. Para mañá está anunciada unha procesión ó Santo Cristo co fin de implorarlle a curación."
Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.
Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 243.
No hay comentarios:
Publicar un comentario