sábado, 6 de junio de 2020

PARECE MERECE-LA REVELACIÓN DO ÍNTIMO

"Era espléndido aquel decorado...
Parecía pintado polo Beato Giacomo de Montecelo, o anxélico monxe que traballaba sempre de xeonllos. Foi o malogrado monxe que pintou os frescos eróticos, sublimes, da cripta segreda do Museo Catedralicio. Vivíu no século IX e o seu desafortunado sucidio por amor dunha novicia que nunca lle correspondeu, excomulgouno para sempre, xa despois de morto, trascendendo a súa lenda maldita, apesares dos esforzos constantes da Santa Igrexa por silenciala.
Foi o máis grande xenio que tivo Ourantes* en toda a súa historia. A súa santidade truncada polo seu romántico suicidio segue conmovendo aínda hoxe a toda a miña cidade."

                                                                               Xaime Quessada

*  Ourantes é o nome co que X. Quessada designa na súa novela a Serenou.


Conviña que isto parecera un truco.
Coma tal que memoria e que desexo
sucederán así:
cun as na manga.
E na timba,
                                             Giacomo de Montecelo.
Unha novicia ben vale a resurrección.

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 45.

No hay comentarios:

Publicar un comentario