"Coas mans voltas cara enriba, lixeiramente inclinado, como se lle faltaran forzas para aguantar o peso da cabeza, Ilustrísima víuse a si mesmo como a representación tráxica dun animal obrigado a porse de pé sobre as patas traseiras. Desde lonxe, quizáis desde a porta da catedral, chegaban berros ditos a coro. Tiñan o ritmo dunha melopea obsesiva e amenazante, a curva melódica dun cantar de guerra."
No hay comentarios:
Publicar un comentario