domingo, 3 de julio de 2016

7 de marzo de 1914, Ateneo de Madrid



“O seu fondo coñecemento da literatura e a arte orientais tamén serven de base para as súas conferencias no Ateneo en Madrid cando estuda na Escola de Maxisterio entre 1913 e 1916; a primeira delas está dedicada a Rabindranath Tagore. Risco presenta a súa conferencia Rabindranath Tagore (premio Nobel de Literatura) o 7 de marzo de 1914 no Ateneo. Nela fala de como a sociedade hindú inflúe na literatura de Tagore, para despois indicar a súa laboura como poeta cos libros Naivédya (1901), Kheyá (1906), Gitanjali (1910), Realización da vida (1913) así coma en diferentes coleccións de poemas. Tamén traduce os poemas de Tagore co fin de explicar este análise. La Correspondencia de España escribe desta charla: “el Sr. Risco, al final de su bella y erudita conferencia, escuchó calurosos aplausos, siendo muy felicitado. Su estudio acerca del gran poeta indio merece los honores de más de un detenido comentario, por su importancia y por ser el primero que se publica en España”.”

Rivera Vázquez, Iria-Friné. “O orientalista Vicente Risco”. Xornal dixital Praza Pública. 19 de abril de 2015.

O 25 de maio do mesmo ano, 2014, Risco dará outra conferencia no Ateneo de Madrid co título “La influencia del pensamiento oriental en Occidente”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario