viernes, 4 de marzo de 2016

O exclaustrado

"O exclaustrado, vendo como un pelotón se aproximaba perigosamente á súa posición, dirixiuse practicamente arrastrándose polo chan evitando ser advertido, buscando avanzar polo camiño de Fraga-Portos até chegar a un outeiro desde onde conseguiría unha mellor vixilancia.

  Cravando os cóbados enriba dos coios do estreito e tortuoso camiño, rabuñando os xeonllos contra a terra endurecida apenas amortecida por unha delgada capa de herba campía escasa e seca, o esgotado combatente por fin gañou o promontorio coñecido como a Grama do Corno Dourado. (...)

  Pola vía lousada que discorre paralela ao regato baixaba cargado de cadeas, aos tombos e culatazos que lle propinaban os soldados, o exclaustrado de Diabelle."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.175

No hay comentarios:

Publicar un comentario