"O Maragato faime señas dende a porta do Café Canedo. A copa de augardente e o primeiro cigarro. Axiña. Antes que as amarguras da boca me coman a moral. Unha lavativa de gato para sacar a máis gorda e fóra, a tomar a parva e ver que conta ese barallante.
-¿Durmiches ben, Sindo?
-Non foi moito.
-¿E logo houbo troula? Polo visto fostes de cazata ó Vilar. Pono A Zarpa. (...)
-Trae acá A Zarpa, a ver que mentira di. Porque supoño que pasaron máis cousas no mundo que as agarradas co puterío."
-Trae acá A Zarpa, a ver que mentira di. Porque supoño que pasaron máis cousas no mundo que as agarradas co puterío."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 11
No hay comentarios:
Publicar un comentario