"Amoucado, Brandón e Elices meditaba sobre a fin daquela marabillosa república independente do Couto Mixto, que con tanta paixón defendera. (...)
Por iso conducíano á capital para axustizalo. Desposuído na cidade daquel vestixioso derradeiro do antigo privilexio, executaríano como espía ao servizo do país veciño, acusado de alta traizón.
A tristeza que o embargaba residía, máis que na súa propia sorte, en que coa súa captura adiviñaba a fin daquel postremeiro reduto de liberdade que ao longo de séculos constituíra o Couto Mixto. (...)
Presentado ao oficial superior as súas credenciais do servizo de intelixencia, fixéronse cargo da custodia do monxe-soldado ao que trasladaron en segredo á Capital. Aquela sería a derradeira vez que Brais e Nemeto verían con vida ao exclaustrado. (...)
Cando chegou a ouvidos do cura da Pousa a nova do falecemento dun tal Brandón e Elices, comezou a tremer como un xunco."
Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.176-177
No hay comentarios:
Publicar un comentario