"Cando o seu fillo finalmente se fixo home, o sancristán, xa no seu leito de morte, confioulle o pouco que quedaba da súa fortuna suplicándolle que con aquela concisa renda se retirase a algún lugar próximo ao mosteiro de Oseira e orase por el para purgar os seus pecados librándoo do purgatorio.
(...) E con intención de cumprir a promesa dada, tomou o camiño cara onde o seu ascendente indicara. Aproximábase a Cea polo camiño de Compostela cando a visión da poderosa montaña da Martiñá chamou poderosamente a súa atención. Cando a súa vista acadou os montes de Viduedo, vendo aquel verdor e coñecendo a proximidade do mosteiro, decidiu instalarse naquel lugar."
Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.179
No hay comentarios:
Publicar un comentario