"Que si cadra, despois duns poucos anos, víanos pasar (cando as monxas os sacaban pra a raxeira do sol nos domingos de inverno pola carreteira de Celanova, , ou pra a Alameda do Cruceiro no vrau) pensando en que calisquera diles podía ser o seu fillo, que é moito de pensar o pensar que tamén un mesmo pudo...;
como lle dixen ao Paquito, un día que se anoxou coa nai e me dixo:"si ela non tivese sido puta eu non tiña por que ter nacido sin pai"
e a min amolume moito, porque a nai non vivía máis que pra il, que nin se quixera casar, que poder pudo;
e fun e díxenlle: "así agradeces que a túa nai non te metese no torno"."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 195-196, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario