"Os nenos do Hespital de Homes e Mulleres acugulados nas fiestras estaban encantados d´iste divertimento engadido ôs seus diarios enredos, i-unha verba de gabanza débese âs Irmás dos Probes pol-a festa istrutiva que forneceron ôs nenos sen pais nin nais. O cortexo vicereal no que había algunhas ben coñecidas donas, presidido pol-as suas Escelenzas estaba n-unha grande tribunia, e n-outra, por frente, a Delegación Estranxeira coñecida por Os Amigos da Illa de Esmeralda."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 10.
No hay comentarios:
Publicar un comentario