"O camareiro da casa amalgamada de cás e gatos agardaba pra levar istas vasixas cheas â benéfica istitución. Unha fina comida composta de torrixas, ovos, talladas fritidas e cebolas deliciosas e quentes bolos d´almorzo e té vigorizador, fora disposta pol-as autoridás pr´o consumo da figura central da traxedia, a que, erguéndose c´unha abnegazón rara n-istes tempos expresou seu desexo derradeiro (que foi aixiña ademitido) de que mandaran os pratos por partes igoás ôs membros das asociaciós proteutoras de doentes e indixentes coma proba d´outra estimanza."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 11.
No hay comentarios:
Publicar un comentario