"Lembrou cando eran nenos, os pasatempos dos dous no banco de Anna Liffey con tal forza que riron xuntos, e todol-os espeutadores, incruso o pastor, xuntáronse n-unha alegría xeral. Mais logo todos verteron ríos de bágoas pol-os condutos lacrimaes, sendo o vello pastor dos mais emocionados. Homes grandes coma bois, oficiás de paz e xigantes da real constabulary d´Irlanda fixeron uso dos seus panos, i-é satisfaitorio dicir que non houbo ollo enxoito."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 11.
No hay comentarios:
Publicar un comentario