domingo, 6 de febrero de 2022

Parrafeo 5053

 "Eran precisamente as oito. O siñal d´orazón foi dada por megaphono e de súpeto todal-as testas quedaron núas, sendo removido pol-o conselleiro médeco do cortexo Dr. Pippi o chapeu patriarcal do comendador qu´estaba en posesión da familia dend´a revolución de Rienzi. O sabio perlado que ministrou as derradeiras axudas da santa relixión ô martir preto da morte, axoellouse co mais cristiano esprito n-unha charquela d´auga de chuiva, coberta coa sotana a branca testa i-ergueu ferventes oraciós ô Altísemo. Esgrevia, a carón do outro tallo, estaba a terribre figura do verdugo ca testa metida n-unha ola de 10 galós con dous buratiños redondos por onde uns ollos miraban furiosamente."

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 11.


No hay comentarios:

Publicar un comentario