lunes, 7 de febrero de 2022

Parrafeo 5054

 "Agardando o siñal fatal, verificaba o fio da sua horrible arma asentándoa no seu amorenado antebrazo, ou decapitaba aixiña un tras outro unha grea de carneiros fornecidos pol-os ademirados do seu cruel mais necesario oficio. Preto, riba d´unha fermosa mesa de caoba, estaban lindamente dispostos, o coitelo pra escuartizar, as ferramentas de difrentes temples (especialmente fornecidos pol-o frabicante de Sheffield Messrs John Round and Sons, sonado no mundo inteiro) pra estraer as entranas, unha tarteira de terracota pr´a recepción do duodeno, colon, cego, apéndice, etc, cando foran sucesivamente tirados e duas cómodas xerras do leite pr´o sangue da preciosísema vítima."

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 11.


No hay comentarios:

Publicar un comentario