sábado, 5 de febrero de 2022

3052

 "Os ouxetos (nos que se contaban algús centos de relós d´ouro e prata de donas e cabaleiros) foron aixiña restitoidos ôs seus lexítemos donos, e reinou unha xeral armunía.

Agusto rubíu Rumbold ô cadalso en elegante traxe de mañá e levando a sua fror favorita, o Gladiolus cruentus. Anunciou a sua presenza por aquela tos rumboldiana tan xentil e que moitos (sen conseguilo) quixeron imitar. A chegada do renomado xefe foi saludada por un  trono de berros da disforme moitedume, as donas vicereales axitaron os seus panos ô tempo qu´os mais escitabres delegados estranxeiros armaban unha misturanza de berros: hoch, banzai, eljen, zivio, chinchin, pollo konia, hiphip, vive, Allah, antr´os qu´o soante evviva do delegado da terra do canto (unha outra dobre F. lembrando aquilas penetrantes e feiticeiras notas cas quales o eunuco Catalani as nosas tataratataraboas) era apenas ouvido."

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 10-11.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario