"Todol-os delegados sen esceución espresaban nos mais fortes termos heteroxéneos sobr´a barbaridade sen nome a que foran chamados coma testigos.Unha altercación animada (na que todos falaron) seguiuse antr´o F. O.T.E.I. sobre si a data precisa da morte do Santo Patrón d´Irlanda é o oito ou o nove de Marzal. No desenrolo do debate, balas de cañón, cimitarras, boomerangs, trabucos, aparellos de fumigación, coitelos da carne; pariaugas, catapultas, sacos d´area, anacos de pauferros fixeron aparición e cambeáronse libremente toda caste de proieutís."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 10.
No hay comentarios:
Publicar un comentario