"Esta loita pagano-relixiosa duróu bastantes anos e aínda pernexa unha que outra vez. Tense dito, que alá, en tempos de pestes, o San Roque de Vilardebós fixo moitos e grandes milagres. Non sabemos. (...)
Por Vilardebós anda hoxe un home -bo home- que lle chaman José María. Sempre anda cun sacho ao lombo e camiña un pouco trenco, de babor a estribor."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 80.
No hay comentarios:
Publicar un comentario