"Un día aparecéu por Vilardebós o señor Obispo de Ourense, en xira de confirmacións. Pra levalo polas parroquias, o cura do pobo pidíulle o cabalo emprestado á mai de Manoliño. A Manoliño gustóulle que llo emprestara, porque os dous -o Obispo e o cabalo- á forza tiñan que facer boa parexa, tiñan que lucir moi ben.
Pra o outro día, o obispo e a comitiva saíron pra a Terra de Arriba."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 120-121.
No hay comentarios:
Publicar un comentario