"Tanto e tanto pamplinóu o noso zapateiro, que ao fin saíu do despacho do Gobernador cunha carta pra o comandante do posto da Guarda Civil de Verín. E á media noite de aquel mesmo día, a corneta do Juan soaba de novo nas rúas de Vilardebós.
O cabo non puido afaguerse nunca aos concertos do zapateiro, e pidíu ser trasladado. E cando se marchóu, o Tallón deixóu de tocar o cornetín, e sentíu arelas de marcharse el tamén."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 103.
No hay comentarios:
Publicar un comentario