"Os curas móstranse nerviosos, os homes ollan pra tras e as mulleres tosen pra non ouvir. Sae o sacristán e cálanse os profanadores. Remata a misa. Camiños adiante, tornan pra os seus lugares os que viñeron ofrecidos. Cara Vilardebós volve moita xente. As mulleres de mantón negro, os homes de chaqueta ao brazo. Nos panos das mozas raiola o sol do meiodía."
Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, nº 40; 1982. Páx. 78.
No hay comentarios:
Publicar un comentario